Xunqueira de Ambía
concello da comarca Allariz-Maceda, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2020 tiña 1.374 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xunqueirao.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xunqueira de Ambía.
Remove ads
Xeografía
Situación
O concello, de 60,21 km²[1], abrangue seis parroquias. Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz.
Hidrografía
O municipio está atravesado polo río Arnoia. No Baniño hai augas termais que nacen a 18 °C, e no Porteiro están a poza de Santa Lucía e a poza do Malladoiro.
Demografía

Evolución da poboación de Xunqueira de Ambía Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.208 | 4.369 | 4.981 | 3.031 | 1.934 | 1.789 | 1.697 | 1.649 | 1.620 | 1.546 | 1.498 | 1.461 | 1.438 | 1.418 | 1.375 | 1.374 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Historia
Hai restos megalíticos. Da cultura castrexa consérvanse os poboados de Cerdeira e A Medorra. Trala romanización de Galicia construíuse a Vía Nova (vía XVIII no itinerario de Antonino) entre Braga e Astorga que atravesaba a zona. Dela consérvase un miliario, trasladado a carón da casa consistorial.
Segundo a tradición, no século IV apareceuse a Virxe María nunha xunqueira (de onde procedería o nome a poboación), e no lugar construíuse unha ermida. Entre os séculos VIII e X naceu o Mosteiro de Santa María, e en 1164, por orde do rei Fernando II de León, comezou a construírse a colexiata de Santa María a Real, de arquitectura románica, declarada Ben de Interese Cultural en 1931. Foi no século XII, co mosteiro estivo a cargo da Orde de Santo Agostiño, cando acadou o seu maior esplendor. O claustro actual é do século XVI.
A calzada romana deu pé a unha variante da Vía da Prata do Camiño de Santiago, que entra no concello pola aldea de Bobadela parroquia de Bobadela a Pinta) e percorre os lugares de Padroso, Cima de Vila (parroquia da Abeleda), Quintela, Xunqueira de Ambía (na rúa Asdrúbal Ferreiro hai un albergue de peregrinos de 24 prazas)[4], San Xillao (parroquia de Xunqueira de Ambía), A Pousa, Salgueiros e Os Casares (parroquia de Armariz). En 1541 o prior do mosteiro, Alonso de Piña, fundou un hospital de peregrinos.
Remove ads
Patrimonio
Amais da xa mencionada colexiata, en Salgueiros hai un peto de ánimas de comezos do s. XIX.[5]
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xunqueira de Ambía.
Parroquias
Lugares de Xunqueira de Ambía
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xunqueira de Ambía vexa: Lugares de Xunqueira de Ambía.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads