Xuxa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Maria da Graça Xuxa Meneghel, nada en Santa Rosa o 27 de marzo de 1963,[1][2][3][4][5] máis coñecida como Xuxa, é unha presentadora, actriz, cantante, empresaria, filántropa e modelo brasileira.[6] Coñecida como "Rainha dos Baixinhos", Xuxa construíu o maior imperio de entretemento infantil e xuvenil iberoamericano. No inicio da década de 1990, chegou a presentar programas de televisión no Brasil, a Arxentina, España e os Estados Unidos simultaneamente, alcanzando preto de cen millóns de telespectadores diariamente.[7][8][9][10]
Como cantante, publicou 35 álbums de estudio e 23 álbums de vídeo que venderon máis de 50 millóns de exemplares, converténdose nunha dos músicos que máis discos venderon no mundo.[11] Os álbums Xou da Xuxa (1986), Xegundo Xou da Xuxa (1987), Xou da Xuxa 3 (1988) e 4.º Xou da Xuxa (1989) están entre os álbums máis vendidos na historia da industria fonográfica brasileira,[12][13][14] sendo que o terceiro foi considerado o álbum infantil máis lucrativo de todos os tempos pola Guinness World Records.[15] Ao longo da súa carreira musical, recibiu dous Grammys dun total de seis candidaturas. Xuxa é a actriz de maior media de público dende a retomada do cinema brasileiro, con máis de 37 millónss de espectadores.[16] Lua de Cristal (1990), o seu filme de maior recadación, vendeu 4,1 millóns de entradas, sendo un dos filmes brasileiros máis comercial.
En setembro de 2019 o seu patrimonio líquido foi estimado en 169 millóns de dólares estadounidenses, o que a colocou como a 11.ª artista feminina máis rica do mundo.[17] Xuxa tamén foi escollida pola publicación estadounidense Forbes, en 1991 e 1993, como unha das celebridades mellor pagadas no mundo, a primeira latinoamericana que entrou na listaxe.[18]
Remove ads
Filmografía
Televisión
Cinema
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads