Yang Mo
escritora chinesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Yang Mo (en chinés tradicional: 楊沫; en chinés simplificado: 杨沫; en pinyin: Yáng Mò), nada o 25 de agosto de 1914 e finada o 11 de decembro de 1995, foi unha escritora chinesa. A súa obra máis coñecida é Qingchun zhi ge (en galego: A canción da mocidade), adaptada ao cinema en 1959.
Remove ads
Pseudónimos
Yang Mo é o pseudónimo principal de Yang Chengye (杨 成业), que tamén empregou os nomes Yang Junmo (杨 君茉) e Xiao Hui (小慧).
Traxectoria
Yang Mo naceu o 25 de agosto de 1914 en Beijing, na República da China. O seu pai era un intelectual e fundador dunha universidade privada. A súa terceira irmá, Yang Chengyun, nada en 1920, chegou a ser unha actriz de gran sona polas súas actuacións no teatro, na ópera e no cinema baixo o pseudónimo de Bai Yang.[1]
En 1931 o pai desapareceu tras a quebra dos seus negocios, deixando á familia na ruína. Yang Mo, que estudaba a secundaria, tivo que abandonar o instituto para traballar como profesora de primaria e como libreira.[2] En 1936 afiliouse ao Partido Comunista da China e, ao ano seguinte, viaxou a Hubei para incorporarse á loita contra os xaponeses.[3]
Finou o 11 de decembro de 1995.
Remove ads
Publicacións
- Wei tang ji shi (1950)
- Qingchun zhi ge (1958)
- Hong hong de Shandan hua (1978)
- Dongfang yu xiao (1980)
- Bu shi riji de riji (1980)
- Yang Mo sanwen xuan (1981)
- Dahe yu langhua (1982)
- Yang Mo xiaoshuo xuan (1982)
- Zibai: wo de riji (1985)
- Fang fei zhi ge (1986)
- Yinghua zhi ge (1990)[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
