Zume (botánica)

líquido transportado polos tecidos de condución das plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Zume (botánica)
Remove ads

O zume,[1] ou saiba,[2][3] é o líquido transportado polos tecidos de condución das plantas (xilema ou floema), equivalente do sangue nos animais.

Thumb
Zume bruto a xurdir dos vasos condutores dun talo de cabaciño acabado de cortar (Cucurbita pepo).
Thumb
Corte transversal dun talo ollado ao microscopio para amosar a localización do xilema (3) e mais do floema (4).

O zume está constituído por auga, sales minerais, azucrea e outras substancias orgánicas con que se nutren as plantas e que extraen do solo a través das raíces.

Outros líquidos exsudados polas plantas, tales como látex, ceras, resinas ou mucilaxe, moitas veces son incorrectamente denominados zume.

Remove ads

Características

O zume transportado polo xilema (denominado zume bruto) consiste principalmente de auga, elementos minerais, reguladores de crecemento e outras substancias que se achan en disolución. O transporte deste zume é basípeto, é dicir, dende as raíces da planta até as follas polos tubos leñosos. No século XX existiu unha gran controversia sobre o mecanismo de transporte do zume bruto na planta. Actualmente, considérase que toda a evidencia sustenta a teoría da cohesión-tensión.[4]

O zume tansportado polo floema (denominado zume elaborado) está composto principalmente por auga, azucres, fitorreguladores e minerais disoltos. O transporte do zume no xilema prodúcese desde as fontes (o lugar onde os carbohidratos se producen e almacenan) cara aos destinos (lugares da planta onde os carbohidratos se utilizan). A hipótese de fluxo de presión é o mecanismo xeralmente aceptado para explicar o transporte floemático.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads