barra

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo feminino

barra (sg: barra; pl: barras)

  1. Peza longa e delgada de metal ou outro material ríxido, polo xeral en forma de cilindro ou de prisma.
    • Exemplo: Ían armados con barras de aceiro. Co golpe rompeu a barra da bicicleta


.

  1. Peza longa que hai nos bares ao longo do mostrador.
    • Exemplo: Pousou as mans na barra


.

  1. Por extensión, taboleiro ou moble estreito que hai nos bares e cafetarías para servir o que piden os clientes.
    • Exemplo: O camareiro deixou as cervexas na barra


.

  1. Peza de pan de forma alongada.
    • Exemplo: Gústame máis o molete ca a barra


.

  1. Alimento sólido en forma de prisma.
    • Exemplo: Unha barra de xeado


.

  1. Nube que se ve ás veces despois de poñerse o Sol.
    • Exemplo: Hoxe o ceo está cheo de barras


.

  1. Banco ou baixo de area na desembocadura dun río, que fai perigosa a navegación.
    • Exemplo: O barco encallou na barra do río


.

  1. Trazo delgado e oblicuo (/) que, nunha liña de escritura, serve para separar números, versos nun poema, etc.
    • Exemplo: Separar con dúas barras cada acepción


.

  1. (Heráldica) Faixa que atravesa en diagonal o campo do escudo desde o ángulo superior esquerdo ao inferior dereito.
    • Exemplo: As cinco barras dos Quiroga


.

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads