leste

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo masculino

leste (sg: leste; pl: lestes)

  1. Punto cardinal por onde sae o Sol. O seu símbolo é E ou L.
    • Exemplo: Cataluña está situada no leste da península Ibérica.


  1. Vento que sopra desa dirección.
    • Exemplo: Hoxe vai moito leste.


  1. Parte dun territorio situada cara a ese punto.
    • Exemplo: A China, as Filipinas e Indochina están ao leste de Asia


.

  1. Lugar situado ao leste doutro lugar con cuxa posición se compara.
    • Exemplo: O Xapón está ao leste da China.


  1. Úsase en aposición para indicar que o designado polo substantivo ao que se pospón está orientado ao leste ou procede do leste.
    • Exemplo: A ala leste da Casa Branca. Vento do leste.


Observacións

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads