parede

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo feminino

parede
(sg: parede; pl: paredes)

  1. (Arquitectura) Obra de cantaría ou albanelería levantada verticalmente e feita de pedra, ladrillo ou outro material, que serve para formar o exterior dun edificio ou dividilo, ou ben para delimitar un espazo.
    • Exemplo: Fixo unha parede para cercar o seu souto.


  1. Cara ou superficie lateral dun corpo.
    • Exemplo: A parede do depósito aparecía enferruxada.


  1. Corte vertical, ou case, na cara dunha montaña.
    • Exemplo: Aqueles alpinistas novatos non foron quen de superar a parede e tiveron que dar a volta.


  1. (Anatomía) Estrutura que pecha ou limita unha cavidade ou un órgano.
    • Exemplo: A parede abdominal.


  1. (Deportes) No fútbol, xogada entre dous compañeiros do mesmo equipo, que consiste en que un, co fin de eludir a un contrario, pasa o balón ao outro, que lla devolve inmediatamente uns metros máis adiante.
    • Exemplo: Facer a parede.


  1. (Figurado) Conxunto de persoas ou cousas fortemente unidas.
    • Exemplo: Os manifestantes formaban unha parede humana e a policía tivo que traballar arreo para dispersalos.


Sinónimos

muro

Termos relacionados

parede abdominal, parede abdominal anterior, parede celular, parede medianeira, parede mestra

Traducións


Remove ads

Substantivo feminino

parede (sg: parede; pl: paredes)

  1. (Arquitectura) Parede.
  2. (Anatomía) Parede.

Termos relacionados

  • paredão

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads