vista

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo feminino

vista (sg: vista; pl: vistas)

  1. Sentido polo que o home e os animais perciben a forma e máis a cor dos obxectos, debido á luz que reflicten as superficies que o compoñen, e os ollos interpretan a radiación electromagnética que emiten dentro dun espectro visible.
    • Exemplo: Coa idade, a vista comeza a fallar. Ten unha vista de lince.


  1. Os ollos, como portadores deste sentido.
    • Exemplo: Dirixir a vista cara ao teito. Ten a vista torcida


.

  1. Conxunto de cousas que se perciben visualmente desde o lugar onde un está situado.
    • Exemplo: Desde o balcón ofrécese aos nosos ollos unha fermosa vista


. paisaxe, panorama

  1. Fotografía, debuxo, cadro etc., que representa unha paisaxe.
    • Exemplo: Unha vista aérea da illa da Toxa


.

  1. Calidade para percibir ou intuír cousas que outros non intúen.
    • Exemplo: Que vista tivo! Fíxoche un bo negocio ao investir nesa empresa


.

  1. Aparencia, aspecto ou disposición das cousas que se ven.
    • {{exemplo|Colocados así os mobles teñen mellor vista.
  2. (Dereito) Actuación na que se fai relación ante un tribunal dun xuízo, para pronunciar sentenza, oíndo ao fiscal, e aos defensores ou interesados que a ela concorran.
    • Exemplo: O martes vai comezar a vista polo asasitato


.

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads