Óscar á mellor actriz secundaria
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Oscar á mellor actriz secundaria é unha as categorías dos Premios Oscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles (California). Entrégase para premiar actrices con interpretacións destacadas en papeis non protagonistas na industria do cinema. O premio adoita ser entregado polo gañador do Óscar ao mellor actor secundario da edición anterior.
Na cerimonia da 9ª edición dos Óscar que tivo lugar en 1937, Gale Sondergaard foi a primeira gañadora polo seu papel en Anthony Adverse.[1] Inicialmente, os gañadores nas categorías de interpretación secundaria recibían placas no canto de estatuas.[2] A partir da 16ª edición, celebrada en 1944, os gañadores reciben estatuas de tamaño normal.[3]
Dianne Wiest e Shelley Winters recibiron o maior número de premios, gañando en dúas ocasións. A pesar de non gañar nunca o premio, Thelma Ritter foi candidata en seis ocasións, máis que ningunha outra actriz.