Arco Ártabro
denominación do litoral formado polas rías de Ferrol, Betanzos-Ares e do Burgo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Ramón Otero Pedrayo lle deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, de Betanzos-Ares e da Coruña, que se corresponde co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5800 m. e intérnase uns 5600 m cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, dependendo dos autores[1]).
Este artigo trata sobre o golfo. Para a zona especial de conservación véxase: Costa Ártabra.
Datos rápidos Arco Ártabro Golfo Ártabro, Localización administrativa ...
Arco Ártabro Golfo Ártabro | |
---|---|
'Portus Magnus Artabrorum' | |
Localización administrativa | |
Estado | Galicia |
Subdivisión | A Coruña |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Subdivisións | rías de Ferrol ría de Betanzos-Ares do Burgo |
Afluentes | río Mero río Mendo río Mandeo río Lambre río Baxoi río Eume río Belelle río Xuvia. |
Cidades ribeiregas | A Coruña Ferrol |
Características | |
Anchura máxima | 5800 m |
Mapa | |
Golfo Ártabro. | |
Bacía da Costa Ártabra | |
Pechar
Desde unha concepción máis ampla deste accidente xeográfico, tamén se considera que o Golfo Ártabro abrangue todo o entrante que fai o océano na costa entre o cabo Prior, en Ferrol, e o cabo de Santo Hadrián, en Malpica de Bergantiños[2].