Lincoln Financial Field
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Lincoln Financial Field é un estadio de fútbol americano situado na cidade de Filadelfia, Pensilvania (Estados Unidos). Inaugurado en 2003, serve como estadio local dos Philadelphia Eagles da National Football League (NFL) e os Temple Owls da American Athletic Conference da NCAA. Situado na Avenida Pattison ao sur da cidade, conta con capacidade para 69.176 espectadores.[1] Alén do fútbol americano, o estadio ten acollido encontros de fútbol, como as Copa Ouro da CONCACAF de 2009 e 2015, cando albergou a final, a Copa América Centenario, e partidos de equipos como os Philadelphia Union da Major League Soccer e o Manchester United da Premier League. Tamén ten acollido concertos de artistas como Bruce Springsteen, U2, Coldplay, Taylor Swift ou Metallica.[1]
Lincoln Financial Field | |
---|---|
Datos | |
Localización | Filadelfia, Estados Unidos |
Alcume | The Linc |
Construción | |
Construción | 7 de maio de 2001 (22 anos) |
Inauguración | 3 de agosto de 2003 (20 anos) |
Arquitecto | NBBJ; Agoos Lovera Architects |
Enxeñeiro | Ove Arup & Partners |
Custo | $512 millóns |
Estadio | |
Superficie | Desso GrassMaster |
Dimensións | 115 × 75 yd / 105 × 69 |
Capacidade | 69.176 |
Propietario | Cidade de Filadelfia |
Operaradora | Philadelphia Eagles |
Localía | Philadelphia Eagles (2003–presente) |