Piruvato carboxilase
From Wikipedia, the free encyclopedia
A piruvato carboxilase (PC) é un encima da clase das ligases que cataliza a carboxilación (irreversible dependendo da especie) do piruvato para formar oxalacetato (OAA) consumindo a enerxía do ATP.
HCO3− ATP ADP + Pi Piruvato carboxilase | ||
Piruvato | Oxalacetato |
Piruvato carboxilase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura cristalográfica da piruvato carboxilase de Rhizobium etli: dominio biotina carboxilase (azul); dominio de unión alostérica (verde); dominio de unión á biotina (vermello); e dominio carboxil transferase (laranxa)[1] | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Número EC | 6.4.1.1 | ||||||||
Número CAS | 9014-19-1 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
Piruvato carboxilase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Símbolo | PYR_CT | ||||||||
Pfam | PF00682 | ||||||||
InterPro | IPR000891 | ||||||||
PROSITE | PDOC50991 | ||||||||
|
Piruvato carboxilase | |
Identificadores | |
Símbolo | PC |
Entrez | 5091 |
HUGO | 8636 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000920 |
UniProt | P11498 |
Outros datos | |
Número EC | 6.4.1.1 |
Locus | Cr. 11 q11-q13.1 |
É un importante encima de reaccións anapleróticas que orixinan oxalacetato a partir de piruvato. O encima é unha proteína mitocondrial que contén un grupo prostético biotina,[1] require magnesio ou manganeso e o regulador acetil-CoA.
Este encima descubrírono en 1959 na Western Reserve University M. F. Utter e D. B. Keech.[2][3] Desde entón foi atopado nunha ampla variedade de procariotas e eucariotas incluíndo fungos, bacterias, plantas e animais.[4] Nos mamíferos, a piruvato carboxilase xoga un papel fundamental na gliconeoxénese e lipoxénese, na biosíntese de neurotransmisores, e na secreción de insulina inducida pola glicosa polos illotes pancreáticos. O oxalacetato producido pola PC é un importante intermediato, que se usa nesas vías biosintéticas.[5] Nos mamíferos a PC exprésase dun modo específico de tecido, e a súa actividade é máxima no fígado e riles (tecidos gliconeoxénicos), no tecido adiposo, glándulas mamarias lactantes, e nos illotes de Langerhans do páncreas. A súa actividade é moderada no cerebro, corazón e glándulas adrenais, e mínima nos glóbulos vermellos e fibroblastos do tecido cutáneo.[6]