Acerbaixán no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
A participación de Acerbaixán no Festival da Canción de Eurovisión corre a cargo da canle pública İctimai Televiziya, que ingresou na Unión Europea de Radiodifusión en 2007, aínda que isto non lle outorgaba o dereito de participar en Eurovisión por estar fose do Área de Radifusión, o motivo do seu ingreso ao Festival é por pertencer ao Consello de Europa.[1] Na edición de 2011 o país proclamouse campión coa canción "Running Scared", interpretada por un dúo que formaron Eldar Gasimov e Nigar Jamal.[2]
Acerbaixán | |
---|---|
Estación membro | İctimai Televiziya |
Final nacional | Milli Seçim Turu |
Aparicións | 6 |
Primeira aparición | 2008 |
Mellor resultado | |
Final | 1º 2011 |
Semifinal | 1º 2013 |
Peor resultado | |
Final | 22º 2014 |
Semifinal | 10º 2015 |
Ligazóns externas | |
Eurovisionaz.com | |
Páxina de Acerbaixán en Eurovision.tv |
En 2007 a empresa estatal AzTV presentou unha solicitude para ingresar como membro activo, pero foi rexeitada porque estaba moi vinculada ao Goberno acerí.[3] Meses despois, a televisión pública İctimai Televiziya tratou de ocupar o seu lugar, e foi aceptada como membro activo.[4]
Desde o seu debut, Acerbaixán sempre logrou a clasificación á final. O país debutou na edición de 2008 con "Day After Day", defendido por Elnur Hüseynov e Samir Javadzadeh. Ese ano terminou en 6° lugar na semifinal e na final conseguiron o 8° con 132 puntos.
En 2009 obtiveron o terceiro posto con Aysel e o iraniano Arash Labaf interpretando "Always", unha das favoritas daquela edición. Dous días antes na súa semifinal conseguiron o segundo lugar con 180 puntos. Un ano despois asinaron a quinta praza con Safura, a primeira solista que representaba ao país, e "Drip drop", tema que pelexou os primeiros lugares nas casas de apostas con Alemaña pero que obtería 145 puntos para pechar no top-5.
En 2011 proclamáronse campións coa balada "Running scared" cun total de 221 puntos, rompendo o récord da puntuación máis baixa dun ganador e a cantidade de máximas puntuacións máis baixa, tamén dun ganador, ambas desde a implantación da semifinal. A vitoria permitiulles ser sede da edición de 2012, que finalmente celebrouse na capital Bakú, e onde a cantante Sabina Babayeva terminou en 4º lugar con 150 puntos, por detrás da ganadora Suecia, Rusia e Serbia.
En 2013 foi seleccionado o primeiro solista masculino: Farid Mammadov. Decidiuse que participase co tema "Hold Me" e malia que un principio non era favorito, logrou tralas semanas de ensaio e a realización da semifinal, meterse aos primeiros lugares nas casas de apostas. Finalmente conseguiría a primeira vitoria para o país nunha semifinal con 139 puntos. Na final conseguiu un 2º posto, con 234 puntos e 10 máximas puntuacións, a cantidade máis grande para un país non-ganador. Finalmente na edición de 2014, tras 5 anos consecutivos no top-5, obteñen os seus peores resultados tanto na semifinal como na final, ao quedar 9° e 22° respectivamente, coa cantante Dilara Kazimova coa balada "Start a fire!", sendo ademais a primeira vez que quedan fóra do top-10.
Desde 2009, o país contratou produtores escandinavos e investiu moito diñeiro para facerse coa vitoria. Só na edición de 2010, a delegación acerí investiu máis de 1,6 millóns de euros.[5]
O Festival de Eurovisión 2018 foi a primeira ocasión na que Acerbaixán non logrou clasificarse para a final do concurso.