Rei de Galiza, León, Castela e Toledo From Wikipedia, the free encyclopedia
Afonso Raimúndez,[1] o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e finado en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Orraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.
Foi proclamado rei en 1109 polo seu aio, Pedro Froilaz, Conde de Traba; dous anos máis tarde, o 17 de setembro de 1111, o Bispo Diego Xelmírez consagrouno como monarca na catedral compostelá. En realidade, a cerimonia tivo máis de formal que de efectivo; con ela, Pedro Froilaz procuraba que, no caso de que a súa nai, Orraca -casada con Afonso de Aragón- viñese ter un fillo deste, non se visen afectados os dereitos do futuro Afonso VII ao trono e, en todo caso, puidese preservar sempre a herdanza do seu pai, Raimundo de Borgoña. Aínda que algúns historiadores indican que, no acto compostelán, foi proclamado "rei de Galiza", o certo é que as crónicas falan de que o bispo o consagrou apenas como "rei", entendendo, deste xeito, que era o lexítimo herdeiro do seu avó, Afonso VI. O arcebispo Xelmírez, canda Pedro Froilaz e outros nobres galegos dirixíronse a confirmar en León a cerimonia de entronización, mais en Viadangos saíulles ó paso Afonso de Aragón, que presentou batalla, frustrando os plans de Xelmírez.
O 10 de marzo de 1126, á morte da súa nai, foi coroado rei de León e de inmediato emprendeu a recuperación do reino de Castela, que estaba baixo o dominio de Afonso I de Aragón. Coas Paces de Támara de 1127, púxose fin á disputa entre os dous monarcas e Afonso VII foi recoñecido como rei de Castela.
A pesar deste recoñecemento, Afonso tívose que enfrontar ás diversas rebelións suscitadas nos territorios máis próximos a Aragón, debido á longa autonomía que estas rexións atinxiran desde a morte do seu avó, o rei Afonso VI de Castela.
Após a morte, sen descendencia, do rei navarro-aragonés Afonso I en 1134, Afonso VII pretendeu ao trono, mais sen éxito xa que, finalmente, a sucesión recaeu no irmán de Afonso I, Ramiro II. A pesar disto, Afonso ocupou A Rioxa, conquistou Zaragoza e ditaminou de feito os gobernos de ambos os dous reinos en diante. Desde entón o escudo de Zaragoza figura no escudo de armas do Reino de León. En escaramuzas varias, derrotou o exército navarro-aragonés, sometendo este reino á súa vasalaxe. Apoiado por nobres ao norte dos Pireneos, controlou amplos territorios do sur da Francia, chegando até o río Ródano.
Axudou nas loitas do conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV contra os condados cataláns, conseguindo unificar a Marca Hispánica.
En 1135 foi corado imperador nos Reinos Hispánicos na catedral de León polo papa Gregorio VII, expresando así a súa pretensión de hexemonía peninsular e de exclusividade na reconquista. Porén, en 1123 tivo que recoñecer a seu curmán Afonso Henriques (Afonso I de Portugal) como rei de Portugal, así como o matrimonio de Ramón Berenguer IV con Petronila de Aragón, que uniu definitivamente Aragón cos condados cataláns, creando así a Coroa de Aragón. Con este último acordaría os límites da reconquista para cada un dos dous estados.
En 1137, Afonso Henriques adentrouse en terras de Afonso VII e ocupou Tui. A ocupación finalizou trala sinatura do Tratado de Tui.
Desde 1139 levou a cabo expedicións e ataques de saqueo incitando as sublevacións das poboacións almorábides. A invasión dos almohades a partir de 1146 obrigouno a fortificar a fronteira e a pactar co almorábide Ibn Ganiya para organizar a resistencia.
En 1144 chegou até Córdoba e en 1147 tomou Almería xunto co rei de Aragón e Navarra e o conde de Barcelona.
En 1157 os almohades recuperaron o control de Almería e Afonso morreu en canto regresaba a León.
No ano 1127, cando se cumpría o vinte aniversario da morte do seu pai, Raimundo de Borgoña, Afonso fixo unha serie de doazóns á Catedral de Compostela que aparecen recollidas no Tombo A[3]; o cabido compostelán acordou recibir ao rei como cóengo e este expresou os seus desexos de ser enterrado na catedral[4]. Os desexos do rei para recibir o enterro en Compostela repítense en 1140 e 1143, e chegou incluso a dispoñer como serían os funerais[5], porén, malia as promesas e os preparativos, o lugar elixido para o seu enterro foi Toledo[6].
Os seus dous fillos repartiron o reino que, de novo, ficou dividido en dous, o Reino de Galiza-León a Fernando II e o Reino de Castela-Toledo a Sancho III.
En 1128 casou en Saldaña (Palencia) con Berenguela de Barcelona, filla do conde de Barcelona Ramón Berenguer III e, polo tanto, irmá de Ramón Berenguer IV. Desta unión naceron:
En xullo de 1152 casou con Riquilda de Polonia, filla do rei Ladislau II de Polonia. Tiveron dous fillos:
Dos seus amoríos con Gontrada Pérez (o Guntroda Díaz) naceu:
Dous seus amoríos con Sancha Fernández naceu:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.