xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfredo Tella Comas, nado na Coruña en 1873 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1927[1], foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 A Coruña, España |
Morte | 12 de outubro de 1927 (53/54 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Mercedes Tella |
Irmán de Mercedes Tella. Xornalista xocoso, foi redactor de El Noroeste e despois de El Orzán, e colaborou en El Correo Gallego.
O 17 de febreiro de 1903 na súa crónica de El Noroeste fixo un comentario sarcástico sobre os mozos que se vestían de "madamas" no Entroido, solicitando que o alcalde tomase medidas para evitar equívocos. Ao día seguinte, o alcalde Argudín Bolívar publicou o bando de entroido, cun artigo no que prohibía que os homes se disfrazasen de muller. La Voz de Galicia ironizou con que a medida prexudicara aos homes, e non ao revés. Ao ano seguinte, Francisco Mariño, o sucesor no cargo de Argudín Bolívar prohibiu tamén que as mulleres se disfrazasen de home.[2]
O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa en 1966.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.