mestura ou disolución sólida metálica composta por dous ou máis elementos From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha aliaxe,[1] ou liga,[2] é a unión íntima e homoxénea de dous ou máis elementos, sendo polo menos un deles un metal, e onde a unión resultante ten propiedades metálicas.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
É moi raro atopar aliaxes na natureza; tradicionalmente prepáranse mesturando os materiais fundidos e deixando arrefriar a mestura.
Cando intervén o mercurio, a aliaxe fica en estado líquido, nese caso denomínase amálgama.
As aliaxes prepáranse normalmente para mellorar as propiedades dos seus compoñentes. Así por exemplo o aceiro é mais duro que o ferro, o seu compoñente primario. Normalmente as propiedades que máis varían ao facer o ligado non son as propiedades físicas senón as propiedades técnicas. Isto é debido normalmente aos direfentes tamaños dos átomos, en onde os átomos máis grandes exercen unha forza compresiva sobre os átomos veciños, e os átomos pequenos exercen unha forza tensil sobre os seus veciños. Isto axuda á aliaxe a resistir a deformación, mentres que nun metal puro os átomos móvense máis libremente.
Ao contrario dos metais puros, a maioría das aliaxes non teñen un punto de fusión único, senón que teñen un rango de fusión no cal o material é unha mestura de fases sólidas e líquidas.
Existen distintos procesos para obter aliaxes:
As aliaxes pódense clasificar atendendo a diversos criterios, sen ser estas categorías excluíntes:
As aliaxes presentan brillo metálico e alta condutividade eléctrica e térmica, aínda que usualmente menor que os metais puros. As propiedades físicas e químicas son, en xeral, similares ás dos metais, con todo as propiedades mecánicas tales como dureza, ductilidade, tenacidade etc. poden ser moi diferentes, de aí o interese que espertan estes materiais. Pódense obter aliaxes que soporten altas temperaturas, de elevada dureza, resistentes á corrosión ou lixeiras, que posúan unhas propiedades das que carecen os compoñentes de forma illada.
As aliaxes non teñen unha temperatura de fusión única, dependendo da concentración, cada metal puro fonde a unha temperatura, coexistiendo simultanemente fase líquida e fase sólida como se pode apreciar nos diagramas de fase. Hai certas concentracións específicas de cada aliaxe para as cales a temperatura de fusión unifícase. Esa concentración e a aliaxe obtida reciben o nome de eutéctica, e presenta unha microestrucura especialmente homoxénea. Un exemplo de aliaxe eutéctica é a mestura de chumbo e estaño (37%-63%, respectivamente) que se utliza como soldadura.
Na práctica, nalgunhas aliaxes un dos seus compoñentes é tan determinante (por cuestión de imaxe etc) que se usa o nome dese metal base para se referir á aliaxe. Por exemplo, o ouro de 14 quilates é en realidade unha aliaxe de ouro con outros elementos. Do mesmo xeito, a prata usada en ourivaría e o aluminio da construción son tamén aliaxes.
As aliaxes máis comúns utilizadas na industria son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.