nome masculino From Wikipedia, the free encyclopedia
Antón ou Antonio é un antropónimo galego que entrou a través do latín, coa forma Antonius, interpretada como "aquel que se enfronta aos seus adversarios" ou "inestimábel", mais de probábel orixe etrusca. Emprégase en todo mundo. A forma feminina é Antona[1] ou Antonia.
Dende o Renacemento atribuíuselle unha orixe grega por mor da súa semellanza co substantivo "άνθος" (anthos) que significa "flor". Isto levou a pensar que a súa etimoloxía era "digno de loanza" ou "aquel que merece flores". De feito, a partir do século XVII, na lingua inglesa comeza a aparecer escrito coa grafía "th" ("Anthony" no canto de "Antony"), facendo referencia a esta suposta orixe grega. Algúns autores consideran as orixes do nome no antigo rei grego Anthonios, rei de Acaia.
O nome é común en Galiza. A forma Antonio é o segundo nome máis frecuente en España (1.543.089 persoas), e o primeiro se temos en conta como nome completo (765.138 persoas).
O nome documentado tradicionalmente en Galiza é Antón; xa Frei Martín Sarmiento no século XVIII falaba do prenome: Anton de Domayo. Uno de los 12 segadores. Antón de “Antonius”. Hay San Antonio de Padua y San Antonio Abad, casi mil años anterior. Este santo abad se entiende cuando uno se llama Antón. Y entre los rústicos se llama también Antón, aunque uno tenga el nombre de San Antonio de Padua [2].
En galego antigo grafábase como Anton, Antõ ou Antom, e de aí pasou ao galego moderno coma Antón/Antonio e ao portugués moderno coma Antônio (Brasil), António (Portugal) ou Antão.
Diminutivos: Antoíño ou Antoniño. Abréviase como Tonecho, Tocho, Tucho, Toneco, Toño, Totó, Ton, Tono, Toni e Toniño (hipocorísticos).
[cando?]4.668 varóns levan o nome de Antón en España; deles 1.876 en Galiza (40%). A variante Antonio é especialmente abundante no sur de España; en Galiza é común (38,793 varóns), especialmente na provincia de Ourense. A variante feminina Antonia, moi abundante na metade sur de España, non é moi frecuente en Galiza, só 4.620 mulleres levan o nome. Ningunha muller ten o nome galego Antona hoxe en día[3]. Varias parroquias levan o nome de Santo Antón e Santo Antonio como haxiotopónimo e, ademais, Santo Antón é o padroeiro de moitas parroquias.
Principalmente:
Outras datas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.