Antonio Riberi, nado o 15 de xuño de 1897 en Monte Carlo (Mónaco) e finado o 16 de decembro de 1967 en Roma, foi un bispo católico e cardeal que serviu como nuncio na China, España e Irlanda.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaAntonio Riberi
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1897 Editar o valor en Wikidata
Mónaco Editar o valor en Wikidata
Morte16 de decembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Cardeal
26 de xuño de 1967 
Apostolic Nuncio to Spain (en) Traducir España
28 de abril de 1962 – 26 de xuño de 1967
Apostolic Nuncio to Ireland (en) Traducir Irlanda
19 de febreiro de 1959 
Apostolic Nuncio to the Republic of China (en) Traducir Taiwán
6 de xullo de 1946 – 1951
Arcebispo católico
28 de outubro de 1934 
Arcebispo titular
13 de agosto de 1934 
Diocese: Dara (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1967)
Reino de Italia (1897–1946) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana
Academia Pontificia Eclesiástica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1922–), teólogo Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónPietro Fumasoni Biondi Editar o valor en Wikidata

Thumb Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1209331 Find a Grave: 27542734 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Primeiros anos

Riberi estudou no seminario de Cuneo, Italia, e na Universidade Pontificia Gregoriana e na Academia Pontificia Eclesiástica de Roma, onde recibiu a ordenación como sacerdote o 29 de xuño de 1922. Prolongou os seus estudos até 1925 no Instituto de Ciencias Sociais de Bérgamo. Entre 1925 e 1930, Riberi traballou como adxunto e secretario na nunciatura boliviana.

O 13 de agosto de 1934 foi nomeado Arcebispo Titular de Dara, e recibiu a consagración episcopal o 28 de outubro de mans do cardeal Pietro Fumasoni Biondi, cos arcebispos Giuseppe Pizzardo e Carlo Salotti como co-consagradores. Riberi foi máis tarde nomeado Delegado Apostólico para as misións africanas dependentes da Sagrada Congregación para a Propagación da Fe o 4 de novembro do mesmo ano, residindo en Mombasa, Kenya. Entre 1939 e 1946 dirixiu o servizo da Santa Sé para a asistencia dos prisioneiros de guerra e soldados feridos da segunda guerra mundial.

Nuncio

Foi nomeado nuncio para a China o 6 de xullo de 1946. Unha das súas primeiras medidas foi promover a presenza da Lexión de María na China, xa que na súa etapa en África coñecera a Edel Quinn e comprobara o éxito da súa actividade evanxelizadora.

Sobre as peticións do Partido Comunista da China dunha igrexa católica independente nese país, declarou en 1951 que:

A relixión católica foi establecida polo mesmo Xesús Cristo, chegando até nos polos Apóstolos como unha, santa e católica; un só corpo, como o corpo humano, co representante de Xesús —o Santo Pai— como a súa cabeza, é suprapolítica, indivisible por fronteiras nacionais ou por diferenzas políticas. Esta é a verdadeira natureza da Igrexa Católica, e mutilar esta natureza é deixar de ser católico. Disto séguese, xa que logo, que os católicos de calquera rexión que por circunstancias particulares sepáranse a vontade da Santa Sé, sepáranse tamén de Xesús e da Igrexa Católica. Calquera igrexa chamada a si mesma "igrexa católica nacional", nun sentido exclusivo, é simplemente unha igrexa cismática, e non a verdadeira e única Igrexa Católica.[1]

En setembro dese ano foi expulsado da China polo réxime comunista acusado de "actividades de espionaxe". Foi nomeado nuncio para Irlanda o 19 de febreiro de 1959, e para España o 28 de abril de 1962. Entre 1962 e 1965, participou no Concilio Vaticano Segundo.

Cardealato e morte

Foi creado Cardeal-Presbítero de S. Girolamo della Carità polo papa Paulo VI no consistorio do 26 de xuño de 1967, mais finou poucos meses despois en Roma, con 70 anos de idade. Está enterrado no panteón familiar en Limone Piemonte.

Sucesión apostólica

Artigo principal: Sucesión apostólica.
  • Antonio Riberi (1934)
  • Pietro Fumasoni (1916)
  • Domenico Serafini (1900)
  • Serafino Vannutelli (1869)
  • Constantino Patrizi Naro (1828)
  • Carlo Odescalchi (1823)
  • Giulio Maria della Somaglia (1788)
  • Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777)
  • Marcantonio Colonna (1762)
  • Carlo della Torre Rezzonico (1743)
  • Prospero Lorenzo Lambertini (1724)
  • Pietro Francesco Orsini (1675)
  • Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666)
  • Ulderico Carpegna (1630)
  • Luigi Caetani (1622)
  • Ludivico Ludovisi (1621)
  • Galeazzo Sanvitale (1604)
  • Girolamo Bernerio (1586)
  • Giulio Antonio Santorio (1566)
  • Scipione Rebiba (1541)

Notas e referencias

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.