xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Rodríguez del Busto, nado en Ribadeo o 3 de xullo de 1848[1] e finado no océano Atlántico o 18 de outubro de 1926[2], foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1848 Ribadeo, España |
Morte | 18 de outubro de 1926 (78 anos) Océano Atlántico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Partido político | Partido Autonomista Nacional (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Jerónima Escuti |
Irmáns | Francisco Rodríguez del Busto |
Fillo do naviero José Rodríguez e sobriño do enxeñeiro Alexandre Le Laboureur. Estudou Nautica e Comercio en Ribadeo. Nos veráns estudaba en Ferrol para entrar na Armada de Guerra. Enviado polos seus pais a Arxentina, participou na guerra de Paraguai. Despois instalouse en Córdoba, onde casou con Jerónima Escuti. Apaixonado pola cultura e xornalista de aceirada pluma, fixo fortuna. Ao notar que a cidade de Córdoba tendía a expandirse á zona que agora conforma o barrio Alta Córdoba, comprou esas terras. En 1886 formou unha sociedade urbanizadora con Marcos N. Juárez e Ramón J. Cárcano e, dous anos despois, comezou a venda de terreos. Foi intendente da cidade de Córdoba entre o 18 de abril e o 12 de maio de 1887.
Dirixiu os periódicos Eco de Córdoba, El Progreso, El Interior e as revistas El Jaspe e El Moro Tarfe e fundou en 1890 El Debate; tamén colaborou en El Nacional, La República e La Tribuna. Nos seus libros analizou cuestións históricas e da súa época.
Finou no océano Atlántico o 18 de outubro de 1926 a bordo do vapor Infanta Isabel de Borbón, cando regresaba dunha viaxe a España[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.