Antón Fraguas
historiador e antropólogo galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Antón Fraguas Fraguas,[1] ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade[lower-alpha 1]), o 28 de decembro de 1905 e finado en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1905 Loureiro, España |
Morte | 5 de novembro de 1999 (93 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Cargos Director do Museo do Pobo Cronista Xeral de Galicia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | católica |
Formación profesional | Licenciado en Filosofía e Letras |
Educación | U. de Santiago de Compostela Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | historiador, etnógrafo, antropólogo, xeógrafo |
Período de actividade | 1923-1999 |
Empregador | Irmandades da Fala Seminario de Estudos Galegos Instituto Padre Sarmiento Real Academia Galega Consello da Cultura Galega |
Membro de | |
Xénero artístico | ensaio |
Lingua | lingua galega, lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Teresa Martínez Magariños |
Fillos | non tivo |
Premios | |
Pedrón de Ouro Medalla Castelao Premio Trasalba Premio Otero Pedrayo Premio das Artes e das Letras S. Martiño de normalización | |
Páxina web | museodopobo.gal |