Arnold Alois Schwarzenegger, nado en Thal, Austria o 30 de xullo de 1947, é un fisicoculturista, actor, e político estadounidense de orixe austríaca. Schwarzenegger foi o 38º gobernador de California dende 2003 a 2011.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Arnold Schwarzenegger (2019) |
Biografía |
---|
Nacemento | (de) Arnold Alois Schwarzenegger 30 de xullo de 1947 (76 anos) Thal (Zonas ocupadas pelos Aliados na Áustria)
|
---|
|
|
38º Governador da Califórnia (pt) |
---|
|
|
17 de novembro de 2003 – 3 de xaneiro de 2011 ← Gray Davis (pt) – Jerry Brown (pt) → |
|
|
Datos persoais |
---|
Outros nomes | Arnold Strong |
---|
Residencia | Thal (1947–) Brentwood (pt) |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América (1983–) Austria |
---|
Relixión | Catolicismo |
---|
Educación | University of Wisconsin-Superior (en) - administração (pt) (–1979) Universidade de California, Os Ánxeles Santa Monica College Universidade de Múnic |
---|
Altura | 1,88 m |
---|
Peso | 113 kg |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Culturismo, Actuación e política |
---|
Ocupación | actor , autobiógrafo , culturista , empresario , powerlifter (en) , axente inmobiliario , realizador , emprendedor , gastrónomo , político , soldado , produtor de cinema , director de cinema , actor de cinema , produtor |
---|
Período de actividade | 1969 - |
---|
Partido político | Partido Republicano |
---|
Membro de | |
---|
Influencias | |
---|
Lingua | Lingua alemá, lingua inglesa e alemão austríaco (pt) |
---|
Deporte | levantamento de peso básico (pt) Culturismo |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Familia |
---|
Cónxuxe | Maria Shriver (1986–2021), divorcio |
---|
Parella | Mildred Patricia Baena (pt) Heather Milligan (en) |
---|
Fillos | Katherine Schwarzenegger (pt) () Maria Shriver (pt) Christina Schwarzenegger (pt) () Maria Shriver (pt) Joseph Baena (pt) () Mildred Patricia Baena (pt) Patrick Schwarzenegger () Maria Shriver (pt) Christopher Schwarzenegger (pt) () Maria Shriver (pt) |
---|
Pais | Gustav Schwarzenegger (pt) e Aurelia Schwarzenegger (pt) |
---|
Irmáns | Meinhard Schwarzenegger (pt) |
---|
Parentes | Patrick M. Knapp Schwarzenegger (en) (sobriño) |
---|
Cronoloxía |
---|
|
| servizo militar
|
|
|
|
|
Páxina web | schwarzenegger.com |
---|
|
Pechar
Schwarzenegger comezou un adestramento de musculación con 15 anos. Gañou o título de Mr. Universe con 20 anos e gañou o Mr. Olympia sete veces. Schwarzenegger ficou como unha figura importante do culturismo e escribiu varios libros e artigos sobre esta práctica. Schwarzenegger acadou a fama internacional como unha icona dos filmes de acción de Hollywood. O seu primeiro grande éxito foi o filme épico Conan o bárbaro en 1982, cuxa recadación motivou unha secuela.[1] En 1984, apareceu no filme de ciencia ficción de James Cameron Terminator, que foi un grande éxito de recadación e de crítica. Schwarzenegger retomou o papel de Terminator nos seguintes filmes da franquía en 1991, 2003, 2015 e 2019.[1][2][3][4] Apareceu en gran número de filmes, como Commando (1985), The Running Man (1987), Predator (1987), Twins (1988), Total Recall (1990), Kindergarten Cop (1990) e True Lies (1994). Nos seus tempos de culturista era alcumado "Austrian Oak" (carballo austríaco) ou "Styrian Oak" (carballo de Estiria), "Arnie" na industria do cine, e "The Governator" cando comezou a facer carreira política.[5]