cantante india From Wikipedia, the free encyclopedia
Asha Bhosle nada co nome Mangeshkar o 8 de setembro de 1933 é unha cantante e empresaria india. É coñecida polos seus cantos en películas hindi, maiormente dobrando a outras actrices que non podían cantar tan ben[1][2]. Asha tamén é actriz de voz; a súa carreira comezou en 1943. É irmá da cantante de playback Lata Mangeshkar.
En 2011, foi honrada polo Libro Guinness dos Récords como a artista máis gravada da historia da música, bastante por diante (a pesar da controversia) do cantante de playback Mohammed Rafi[3].
Entre outros, foi honrada con varios Premios Filmfare, cos Premios Nacionais da India en 1981 e 1986, co Nightingale Of Asia, cos premios Screen Videocon, MTV e Channel V en 1997 (polo álbum Jaanam Samjha Karo), en 1998 Premio Dayawati Modi coa colaboración da UNESCO, en 1999 o Premio Lata Mangeshkar, o premio Dadasaheb Phalke e Cantante do Milenio (en Dubai) en 2000, e co Padma Vibhushan en 2008, premio Freddie Mercury e en 2005 premio ás persoas máis elegantes da música[4]
Doutora honoris causa nas universidades de Amravati e Jalgaon.
O grupo Cornershop acadou o nº1 nas listas do Reino Unido coa canción Brimful of Asha, co remix de Norman Cook en 1997[5][6].
Asha vive en Bombai e tivo tres fillos e 5 netos. O maior Hemant Bhosle (máis tarde Hemant Kumar), abandonou rapidamente a súa carreira musical para converterse en piloto. A filla máis vella, Varsha, é columnista de The Sunday Observer e Rediff e o pequeno Anand Bhosle, estudou cinematografía e economía. O seu neto Chaitanya (Chintu) Bhosle (fillo de Hemant) tamén se adentrou no mundo da música co grupo Band of Boys.
As súas irmás Lata e Usha Mangeshkar tamén fan sincronizacións de beizos para películas e a súa irmá Meena Mangeshkar e o seu irmán Hridayanath Mangeshkar son directores musicais. Asha tamén é cociñeira e posúe o 20% dun restaurante en Dubai, Asha's, que serve cociña tradicional india. Ela encárgase da cociña e da decoración e ofrece un curso de seis meses a cociñeiros.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.