escritor brasileiro From Wikipedia, the free encyclopedia
Augusto Pito Boal, nado no Río de Xaneiro o 16 de marzo de 1931 e finado no mesmo lugar o 2 de maio de 2009, foi director de teatro, dramaturgo e ensaísta brasileiro, unha das grandes figuras do teatro contemporáneo internacional.
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1931 Río de Xaneiro, Brasil |
Morte | 2 de maio de 2009 (78 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Causa da morte | leucemia |
Datos persoais | |
Residencia | Río de Xaneiro |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | Universidade de Columbia Universidade Federal do Río de Xaneiro |
Actividade | |
Campo de traballo | Dramaturxia |
Ocupación | director teatral , dramaturgo , científico , político , escritor , realizador |
Lingua | Lingua portuguesa, lingua francesa, lingua castelá, lingua inglesa e portugués do Brasil |
Familia | |
Parella | Maria Bethânia |
Premios | |
Fundador do Teatro do Oprimido, que alía o teatro á acción social, as súas técnicas e prácticas difundíronse polo mundo, de maneira notábel nas tres últimas décadas do século XX, sendo largamente empregadas non só por aqueles que entenden o teatro como instrumento de emancipación política mais tamén nas áreas de educación, saúde mental e no sistema de prisións.
Nas palabras de Boal:
O Teatro do Oprimido é o teatro no sentido mais arcaico do termo. Todos os seres humanos são atores - porque atuam - e espectadores - porque observam. Somos todos 'espectatores'. [1]
O dramaturgo é coñecido non só pola súa participación no Teatro de Arena da cidade de São Paulo (1956 a 1970), mais sobre todo polas súas teses do Teatro do oprimido.
A súa obra escrita é expresiva. Con 22 libros publicados e traducidos en máis de vinte linguas, as súas concepcións son estudadas nas principais escolas de teatro do mundo. O libro Jogos Para Atores e Não Atores trata dun sistema de exercicios ("monólogos corporais"), xogos (diálogos corporais) e técnicas teatrais alén de técnicas do teatro-imaxe, que, segundo o autor, poden ser utilizadas non só por actores mais por todas as persoas.
Augusto Boal naceu no suburbio da Penha, Río de Xaneiro. Fillo do panadeiro portugués José Augusto Boal e da dona de casa Albertina Pito, orixinarios de Justes, Vila Real[2]. Desde os nove anos dirixía pezas familiares, cos seus tres irmáns. Aos 18 anos vai estudar Enxeñaría Química na antiga Universidade do Brasil, actual UFRJ, e paralelamente escribía textos teatrais.
Na década de 1950 mentres realizaba estudos en nivel de Ph.D en Enxeñaría Química,[3] na Columbia University, en Nova York, estuda dramaturxia na School of Dramatic Arts, tamén na Columbia, con John Gassner, profesor de Tennessee Williams e Arthur Miller.[4] Na mesma época, asistía ás montaxes do Actors Studio.
En 1956, Augusto Boal pasa a integrar o Teatro de Arena de São Paulo, a convite de Sábato Magaldi e José Renato. O Arena tornouse unha das máis importantes compañías de teatro brasileiras, até o seu peche, no fin da década de 1960.[5]
A súa primeira dirección é Ratos e Homens, de John Steinbeck, que lle valeu o premio de revelación de dirección da Asociación Paulista de Críticos de Artes, en 1956. O seu primeiro texto na escena foi Marido Delgado, Mulher Chata, unha comedia de costumes. Despois dunha serie de fracasos comerciais e diante da perspectiva de peche do Arena, a compañía decide investir en textos de autores brasileiros. Superando as expectativas Eles Não Usam Black-Tie, de Gianfrancesco Guarnieri, dirixido por José Renato, tórnase un grande éxito, salvando o Arena da bancarrota. O grupo resxorde, provocando unha certa revolución na escena brasileira, abrindo camiño para unha dramaturxia nacional.
Para proseguir na investigación dun teatro volto para a realidade do Brasil, Boal suxire a creación dun Seminario de Dramaturxia que se tornará o escenario de varios novos dramaturgos. As producións, froito deses encontros, van compor o repertorio da fase nacionalista do conxunto os anos seguintes. Baixo adirección de Boal o Arena presenta Chapetuba Futebol Clube, de Oduvaldo Vianna Fillo, 1959, segundo éxito nesa vertente.
Despois de dirixir, en 1959 A Farsa da Esposa Perfeita, de Edy Lima, Boal presenta Fogo Frio, de Benedito Ruy Barbosa, A Engrenagem, adaptación del e de José Celso Martinez Corrêa do texto de Jean-Paul Sartre.
En 1961, Antônio Abujamra dirixe outro texto de Boal, José, do Parto á Sepultura, cos actores do Oficina, que estrea no Teatro de Arena. O mesmo ano, o espectáculo Revolução na América do Sul estrea, con dirección de José Renato. Augusto Boal convértese nun dos máis importantes dramaturgos do período.
En 1962, o Arena inicia nova fase: a nacionalización dos clásicos. José Renato deixa a compañía e Boal tórnase líder absoluto e socio do emprendemento. Péchase a vida de escenificacións dos textos producidos no Seminario de Dramaturxia.
En 1963 escenifica O Noviço, de Martins Pena e Um Bonde Chamado Desejo, de Tennessee Williams, no teatro Oficina, en colaboración con grandes artistas do teatro brasileiro, tales como o escenógrafo Flávio Imperio e Eugênio Kusnet, responsábel da preparación dos actores. Aínda desta fase son O Melhor Juiz, o Rei, de Lope de Vega e Tartufo, de Molière, producións de 1964.
Despois do golpe militar, Boal dirixe no Río de Xaneiro o show Opinião, con Zé Kéti, João do Vale e Nara León - despois substituída por Maria Bethânia). A iniciativa xorde dun grupo de autores (Oduvaldo Vianna Fillo, Paulo Pontes e Armando Costa) ligados ao Centro Popular de Cultura (CPC) da UNE, posto na ilegalidade. O grupo pretendía crear un foco de resistencia política a través da arte. De feito o evento é un éxito e contaxia a outros sectores artísticos. O Opinião 65, exposición de artes plásticas no Museo de Arte Moderna do Río de Xaneiro (MAM-RJ), xorde na secuencia, aglutinando os artistas ligados aos movementos de arte popular. Ese é o nacemento do Grupo Opinião
A partir de Opinião, Boal inicia o ciclo de musicais no Arena, con Gianfrancesco Guarnieri e Edu Lobo, presentando Arena Conta Zumbi (1965), primeiro experimento co sistema curinga[6] onde oito actores se relevan, facendo todas as personaxes. O éxito de público abre camiño para Arena Conta Bahia, con dirección musical de Gilberto Gil e Caetano Veloso, e Maria Bethânia e Tom Zé no elenco.
Axiña, é escenificado Tempo de Guerra, no Oficina, con texto de Boal e Guarnieri, poemas de Brecht e voces de Gil, Maria da Graza (Gal Costa), Tom Zé e Maria Bethânia, coa dirección de Boal.
O ano seguinte, é a vez do espectáculo Arena Conta Tiradentes, centrado noutro movemento histórico de loita nacional - a Inconfidencia Mineira. Tamén unha aplicación do sistema curinga, a peza non propón retratar os traxes de forma ortodoxa e cronolóxica, mais crear conexións con traxes, tipos e personaxes que se refiren constantemente ao período pre e pos-1964.
A Primeira Feira Paulista de Opinião, concibida e escenificada por Boal no Teatro Ruth Escobar, é unha reunión de textos curtos de varios autores - unha declaración teatral sobre o Brasil de 1968. Están presentes textos de Lauro César Muniz, Bráulio Pedroso, Gianfrancesco Guarnieri, Jorge Andrade, Plínio Marcos e do propio Boal. O director presenta o espectáculo na totalidade, ignorando os máis de 70 cortes establecidos pola censura, incitando á desobediencia civil e loitando arduamente pola permanencia da peza en cartel, despois da súa prohibición.
En 2018, Clarice Boal organizou a Feira Brasileira de Opinião, en alusión á Feira organizada en 1968 por Augusto Boal. O local escollido foi o Memorial Luiz Carlos Prestes, en Porto Alegre.
Coa decreto do Acto Institucional nº 5, a fins de 1968, o Arena viaxa para fóra do país, excursionando, entre 1969 e 1970 polos Estados Unidos, México, o Perú e a Arxentina. Boal escribe e dirixe Arena Conta Bolívar. No seu retorno, cun equipo de mozos recentemente saídos dun curso no Arena, crea o Teatro Jornal - 1ª Edição, experiencia que aproveita técnicas do agitprop e do Living Newspaper, grupo norteamericano dos anos 1930 que traballaba con dramatizacións a partir de noticias de xornal.
A Resistível Ascensão de Arturo Ui, de Brecht, é a última incursión de Boal no sistema curinga, que non obstante non engade grandes novidades na linguaxe do grupo.
En 1971, Boal é prendido e torturado. Na secuencia, decide deixar o país, con destino á Arxentina, terra da súa esposa, a psicanalista Cecília Boal. Alí permanece por cinco anos e desenvolve o Teatro Invisíbel. Aquel mesmo ano, Torquemada, un texto seu sobre a Inquisición, é escenificado en Buenos Aires.
En 1973, vai para o Perú, onde aplica as súas técnicas nun programa de alfabetización integral e comeza a facer o Teatro Fórum. En 1974, o seu texto Tio Patinhas e a Pílula é escenificado en Nova York.
No Ecuador, desenvolve con poboacións indíxenas, o Teatro Imagem. Ese período é representado por Boal no seu texto Murro em Ponta de Faca.
Múdase para Portugal, onde permanecerá por dous anos. Alí, co grupo A Barraca, realiza a montaxe A Barraca Conta Tiradentes, 1977. Presenta tamén un espectáculo musical "Zumbi", coa participación, entre outros, de Sérgio Godinho e Francisco Fanhais. Alí tamén escribe Mulheres de Atenas, unha adaptación de Lisístrata, de Aristófanes, con músicas de Chico Buarque.
Finalmente, a partir de 1978 establécese en París, onde crea un centro para pescuda e difusión do teatro do oprimido, o Ceditade (Centre d'étude et de diffusion des techniques actives d'expression). Alí, con axuda da súa esposa desenvolve un teatro máis interiorizado e subxectivo, o Arco-iris do desejo (Método Boal de Teatro e Terapia).[7]
Mentres tanto, en São Paulo (1978) Paulo José dirixe, para a compañía de Othon Bastos, Murro em Ponta de Faca, texto en que Boal enfoca a vida dos exiliados políticos.
Boal visita o Brasil en 1979, para dar un curso no Río de Xaneiro, retornando, o ano seguinte, xuntamente con seu grupo francés, para presentar o Teatro do Oprimido, xa consagrado en moitos países.
En 1981, promove o I Festival Internacional de Teatro do Oprimido. Volta ao Brasil definitivamente en 1986, instalándose no Río, onde inicia o plano piloto da Fábrica de Teatro Popular, que tiña como principal obxectivo tornar accesíbel a calquera cidadán a linguaxe teatral e crea o Centro do Teatro do Oprimido.
Unha das cancións de Chico Buarque é unha carta en forma de música - unha carta musicada que el fixo en homenaxe a Boal, que vivía no exilio en Lisboa, cando o Brasil estaba coa ditadura militar. A canción Meu Caro Amigo, dirixida a el, foi gravada orixinalmente no disco Meus Caros Amigos 1976.
Augusto Pito Boal é Patrón da Presidente/ALB/Piracicaba/SP Academia de Letras do Brasil. A primeira escritora a imortalizar Augusto Boal na Academia de Letras foi a escritora Branca Tirollo no 12 de agosto de 2009 na cidade de "Piracicaba São Paulo".
O Centro de Teatro do Oprimido[8], xurdido en 1986, é un centro de pescuda e difusión, que desenvolve metodoloxía específica do Teatro do Oprimido en laboratorios e seminarios, ambos de carácter permanente, para revisión, experimentación, análise e sistematización de exercicios, xogos e técnicas teatrais. Nos laboratorios e seminarios son elaborados e producidos proxectos socio-culturais, espectáculos teatrais e produtos artísticos, tendo como alicerce a Estética do Oprimido. O CTO foi a única institución que tivo a dirección artística de Augusto Boal nos seus últimos 23 anos de vida. A filosofía e as accións desta institución var cara á democratização dos medios de produción cultural, como forma de expansión intelectual dos seus participantes, alén da propagación do Teatro do Oprimido como medio, da activación e do democrático fortalecemento da cidadanía. O CTO aplica proxectos que estimulan a participación activa e protagonista das capas oprimidas da sociedade, e levan á transformación da realidade a partir do diálogo e a través de medios estéticos, tendo o notorio e notábel saber da metodoloxía do Teatro do Oprimido. Desa forma o Centro de Teatro do Oprimido[9] desenvolve proxectos na área da educación, saúde mental, sistema prisional, puntos de cultura, movementos sociais, comunidades, entre outros. Por conta da súa natureza humanística e do potencial do Teatro do Oprimido, está presente en todo o Brasil e en países como Mozambique, Guinea-Bissau, Angola e o Senegal.
Equipo do CTO: Coordinación Político-Artística Geo Britto, Coordinación Artístico-Política Helen Sarapeck , Olivar Bendelak, Claudete Felix, Flávio Sanctum, Monique Rodrigues e Alessandro Conceição. Curinga Internacional: Barbara Santos e Claúdia Simone. Curinga Rexional: Claudio Rocha, Kelly di Bertolli e Yara Toscano. Asistente de Curinga; Janna Salamandra. Consultoria de Imaxe : Cachalotte Matos. Finanzas: Graza Silva. Asesoría Xurídica: Victor Gabriel.
Boal preconizaba que o teatro debe ser un auxiliar das transformacións sociais e formar liderados nas comunidades rurais e nos suburbios. Para isto organizou unha sucesión de exercicios simples, porén capaces de ofrecer o desenvolvemento dunha boa técnica teatral afeccionada, auxiliando a formación do actor de teatro.
Augusto Boal foi nomeado ao Premio Nobel da Paz en 2008, en virtude de seu traballo co Teatro do Oprimido.[10]
En marzo de 2009 foi nomeado pola Unesco embaixador mundial do teatro.
Augusto Boal morreu na madrugada dun sábado ao redor das 2h 40min do día 2 de maio de 2009, aos 78 anos, no Centro de Tratamento Intensivo do Hospital Samaritano, en Botafogo, na Zona Sur do Río, por insuficiencia respiratoria. Boal sufría de leucemia.[11]
As súas ideas, adoptadas en diversas iniciativas en todo o mundo, rendéronlle un recoñecemento que pode ser expresado nos seguintes comentarios, que figuran no seu libro Teatro do oprimido e outras poéticas políticas (ISBN 85-2000-0265-X):
En portugués
En alemán
En danés
En español
En finlandés
En francés
En inglés
Norueguês (bokmål)
(Nota: Hai dúas formas oficiais do norueguês escrito e en uso, o bokmål (que literalmente significa lingua dos libros) e o nynorsk (novo norueguês).
Suéco
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.