Bàsquet Manresa
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Bàsquet Manresa, S.A.D. é un club de baloncesto catalán con sede na cidade de Manresa. Actualmente, é tamén coñecido coma BAXI Manresa por motivos de patrocinio. Fundado en 1931, actualmente compite na Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto español. O equipo disputa os seus partidos como local no Pavelló Nou Congost, recinto con capacidade para acoller 5 000 espectadores, inaugurado o 10 de setembro de 1992 con motivo da celebración da XIII Edición da Lliga Catalana de Bàsquet.
BAXI Manresa | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 1931 |
Historia | Manresa B.C. (1931−1934) Unió Manresana (1934−1940) C.E. Manresa (1940−1979) Manresa E.B. (1979−1992) |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Josep Sàez |
Adestrador | Pedro Martínez |
Patrocinador | Baxi |
Localización | |
Cidade | Manresa, España |
Pavillón | Nou Congost |
Capacidade | 5 000 |
Inauguración | 10 de setembro de 1992 |
Campionatos | |
Liga | 1 (1998) |
Liga LEB | 1 (2007) |
Copa | 1 (1996) |
basquetmanresa.com |
Entre os éxitos do club destacan o título da ACB da temporada 1997−98 e unha Copa do Rei conseguido en 1996. O xogador máis destacado da historia do Manresa é Joan "Chichi" Creus, o cal foi nomeado xogador máis valioso nos dous grandes títulos. Outros xogadores destacados que formaron parte do club son Juan Domingo de la Cruz, Roger Esteller, Derrick Alston, Harper Williams, Serge Ibaka, Andrés Nocioni, Rolando Frazer e, sobre todo, o membro do Basketball Hall of Fame George Gervin, quen xogou no equipo á idade de 38 anos axudandoo, con 23,1 puntos par partido, a acadar a salvación.