Bad Religion
banda de punk rock estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bad Religion é unha banda de punk rock estadounidense formada nos Ánxeles (California) en 1979 por Jay Bentley (baixo), Greg Graffin (voces), Brett Gurewitz (guitarra) e Jay Ziskrout (batería). Adóitaselles atribuír o liderado do revival do punk rock durante finais dos anos 80, e tamén é unha importante influencia para gran cantidade de músicos de punk e de rock.
Bad Religion | |
---|---|
Orixe | Woodland Hills, California, Estados Unidos |
Período | 1979-1984 1986-actualidade |
Xénero(s) | punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Epitaph, Atlantic, Epic |
Membros | Greg Graffin Brett Gurewitz Jay Bentley Greg Hetson Brian Baker Brooks Wackerman |
Antigos membros | Jay Ziskrout Davy Goldman Tim Gallegos Pete Finestone John Albert Lucky Lehrer Bobby Schayer Paul Dedona |
Na rede | |
http://www.badreligion.com/ | |
Bad Religion conseguiu un bo número de seguidores no underground estadounidense cos seus primeiros traballos antes de asinar con Atlantic Records en 1993. Ese ano acadaron a fama co seu sétimo álbum de estudio, Recipe for Hate, que chegou ao número 14 na lista Billboard's Heatseekers. A este seguiulle un ano despois Stranger than Fiction, onde aparecían os seus maiores éxitos, "Infected" e unha versión regravada de "21st Century (Digital Boy)", e que foi certificado ouro nos Estados Unidos e o Canadá. Pouco despois do lanzamento de Stranger than Fiction Gurewitz deixou Bad Religion para centrarse no seu selo Epitaph Records, sendo substituído por Brian Baker. Dende o regreso de Gurewitz en 2001 a banda experimentou un rexurdimento da súa popularidade, sendo o seu décimo sexto traballo, True North (2013), o seu primeiro álbum en entrar no top 20 da lista Billboard 200, chegando ao número 19.