xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Balaenoptera é un xénero de cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, único da subfamilia dos balenopterinos (Balaenopterinae).
Balaenoptera | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Balaenoptera physalus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Este xénero comprende oito especies de rorcuais, todas as da familia excepto o xibardo (Megaptera novaeangliae) que, por si só, constitúe a outra subfamilia, a dos megapterinos (Megapterinae).
A especie Balaenoptera omurai foi descrita en 2003.[4]
O xénero Balaenoptera foi descrito en 1804 polo zoólogo francés Bernard-Germain de Lacépède na páxina 114 da súa obra Hist. Nat. Cetacees.[5]
Lacépède construíu o termo Balaenoptera a partir dos elementos do latín científico Balaen-, tirado do latín bālæna, 'balea' (que, á súa vez, deriva do grego antigo φάλαινα phálaina), e -ptera, derivado do grego antigo πτερόν pterón, 'á' (intercalando un -o- para facilitar a pronuncia), en alusión ás longas aletas pectorais das súas especies. Literalmente: 'as baleas con ás'.
Ademais de polo nome cuñado por Lacépède, o xénero coñécese tamén polos sinónimos seguintes:[3]
O xénero Balaenoptera comprende as sete especies (oito, para algúns autores) seguintes:[3]
En augas próximas ás nosas costas, segundo a biibliografía dispoñíbel, pódense encontrar varias especies do xénero Balaenoptera.
Na Lista patrón de vertebrados de Galicia da SGHN, publicada no Tomo I da Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti,[8] aparecen as dúas especies seguintes (indícanse os nomes vulgares galegos propostos):
Pola súa pare, no Vocabulario multilingüe dos profesores Lahuerta e Vázquez,[10] cítanse (o que no quere dicir que forzosamente teñan que frecuentar augas galegas, senón só que teña nome no noso idioma), relaciónanse as seguintes:
Finalmente, na moderna Guía dos mamíferos de Galicia, os seus autores, Díaz d'a Silva e Cartelle,[13] consideran catro especies (e inclúen os catro mapas de distribución correspondentes):
Nota: sobre os nomes galegos destes rorcuais (ou baleas) véxase o artigo Balenoptéridos e a súa páxina de conversa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.