Bandeira Azul
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Bandeira Azul é un distintivo que outorga anualmente a organización privada Fundación Europea de Educación Ambiental ás praias e portos que cumpren unha serie de condicións ambientais e instalacións.
Os criterios do programa da Bandeira Azul son os de promoción do desenvolvemento sostible en augas fluviais e mariñas. Esixe o cumprimento das autoridades locais das calidade de augas, xestión do ambiente, educación ambiental e seguridade da cidadanía.[1] A condición de Bandeira Azul concédeselle ás praias de máis de trinta países de Europa, Suráfrica, Nova Zelandia, Canadá e o mar Caribe.
No ano 2014, España tiña 561 bandeiras, Francia 363 e Grecia 360.