From Wikipedia, the free encyclopedia
Beatriz de Suabia (bautizada como Isabel), nada en 1205 e finada en Toro o 5 de novembro de 1235, foi unha nobre alemá que foi raíña consorte de Castela e de León entre 1220 e 1235 polo seu matrimonio con Fernando III de Castela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Elisabeth von Schwaben 1205 Núremberg |
Morte | 5 de novembro de 1235 (29/30 anos) Toro |
Lugar de sepultura | Iglesia Catedral de Santa María |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suabia |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Raíña consorte |
Familia | Dinastía Hohenstaufen |
Cónxuxe | Fernando III de Castela (1219 (Gregoriano)–) |
Fillos | Afonso X o Sabio, Henrique de Castela (pt) , Filipe (pt) , Sancho de Castela, Manuel de Castilla, Berenguela de Castilla (en) , Ferdinando di Castiglia (en) , Leonor de Castilla (en) , Frederic de Castella (pt) , Maria de Castilla (en) |
Pais | Filipe de Suabia e Irene Angelina (pt) |
Irmáns | Cunegunda da Suábia (pt) , Beatriz de Hohenstaufen (pt) e Maria von Staufen (pt) |
Foi filla de Filipe, duque de Suabia e rei de romanos, e de Irene Anxo, filla de Isaac II Anxo, emperador de Constantinopla.
Despois da morte do seu pai permaneceu baixo a tutela do seu curmán Frederico II, Sacro Emperador Romano Xermánico. Este deu a súa autorización para o seu casamento con Fernando III, rei de Castela e de León, unión que se concretou a finais de novembro de 1219 no Monasterio de San Zoilo de Carrión de los Condes (Palencia).
Á súa morte, o corpo da raíña Beatriz de Suabia recibiu sepultura no mosteiro de Las Huelgas de Burgos, nun sepulcro colocado xunto ao do rei Henrique I de Castela. O seu fillo, Afonso X o Sabio, ordenou que os seus restos mortais fosen trasladados á Catedral de Sevilla en 1279, canda os restos mortais de Fernando III.[1]
En 1948, con motivo do sétimo centenario da conquista da cidade de Sevilla por Fernando III, que capitulou en 1248, construíuse o sepulcro actual, situado no lado da Epístola da Capela Real da Catedral de Sevilla. A estatua orante da raíña, realizada en pedra e alabastro, representa a raíña na súa mocidade, con touca e coroa. No manto aparecen esculpidos castelos e leóns. O resto do mausoleo da raíña é idéntico ao do seu fillo Afonso X o Sabio, situado enfronte del.
O mausoleo está formado por dous corpos superpostos flanqueados por columnas nos extremos. O primeiro corpo contén a urna cos restos mortais da raíña, en cuxa frontal se atopa unha cartela onde se le Beatriz de Suabia. O segundo corpo do mausoleo, rematado por un frontón, ocúpao un medallón circular co escudo do reino de Castela e León.[2]
Na primitiva Capela Real da Catedral de Sevilla estaba colocada unha estatua da raíña en posición sedente, situada ante a imaxe da Virxe dos Reis, á súa esquerda. Tamén se atopaban na capela as imaxes sedentes de Fernando III e de Afonso X, sepultados alí. En 1356 Pedro I de Castela, tataraneto de Afonso X o Sabio, despoxou as imaxes de Afonso X e da súa nai, a raíña Beatriz de Suabia, de todos os metais e pedras preciosas que as adornaban.
Predecesor: Mafalda de Portugal |
Raíña consorte de Castela 1220 - 1235 |
Sucesor: Xoana d'Aumale |
Predecesor: Berenguela de Castela Raíña consorte de León |
Raíña consorte de León 1220 - 1235 |
Sucesor: Xoana d'Aumale |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.