Calisto (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Calisto (do grego Καλλιστώ) é un satélite do planeta Xúpiter, descuberto en 1610 por Galileo Galilei. O seu diámetro é de aproximadamente 4.800 km, o que o converte na terceira lúa máis grande do sistema Solar, con case o mesmo tamaño que o planeta Mercurio. Xira arredor de Xúpiter a unha distancia media de 1 800 000 km, cun período de 16,6 días.
Máis información Descobremento, Características Orbitais ...
Descobremento | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Descuberto por | G. Galilei S. Marius | ||||||
Descuberto o | 7 de xaneiro de 1610 | ||||||
Características Orbitais | |||||||
Raio medio | 1,8827×106 km (0,012585 UA) | ||||||
Excentricidade | 0.0074 | ||||||
Periastro | 1 869 000 km (0,0125 UA) | ||||||
Apoastro | 1 897 000 km (0,0127 UA) | ||||||
Período revolución | 16,6890184 d (0,04569 a) | ||||||
Perímetro orbital | 11 829 000 km (0,079 AU) | ||||||
Velocidade orbital | max: 8,265 km/s media: 8,204 km/s min: 8,143 km/s | ||||||
Inclinación | 25,32° (á eclíptica) 0,21° (ao ecuator de Xúpiter) | ||||||
É un satélite de | Xúpiter | ||||||
Características físicas | |||||||
Diámetro medio | 4820.6 km (0.378 terras) | ||||||
Surperficie área | 7.3 ×107 km² (0.143 terras) | ||||||
Volume | 5.9 ×1010 km³ (0.0541 terras) | ||||||
Masa | 1,0759×1023 kg (0.018 terras) | ||||||
Densidade media | 1,834 g/cm³ | ||||||
Gravidade superficial | 1,24 m/s² (0,126 g) | ||||||
Velocidade de escape | 2,4 km/s | ||||||
Período rotación | sincrónica | ||||||
Inclinación axial | cero | ||||||
Albedo | 0.17 | ||||||
Surperficie temp. |
| ||||||
Características atmosféricas | |||||||
Presión atmosférica | trazas | ||||||
Dióxido de carbono | 100% |
Pechar
Aínda que o nome "Calisto" foi suxerido por Simón Marius pouco despois do seu descubrimento, este nome e os nomes dos outros satélites galileanos non se usaron ata mediados do século XX. Usábase a forma numeral romana e se denominaba "Xúpiter IV" ou "cuarto satélite de Xúpiter". O seu nome procede dun dos moitos amores de Zeus.