magnitude física, representada por un número ou tensor, que ten un valor en cada punto do espazo-tempo From Wikipedia, the free encyclopedia
En física, un campo é a atribución dunha cantidade a todo punto do espazo, é dicir, representa a distribución espacial dunha magnitude física que amosa certa variación no espazo. Matematicamente represéntase mediante unha función. Graficamente pódense representar mediante liñas ou superficies de igual valor.
Historicamente foi introducido para explicar a acción a distancia das forzas gravitacionais, eléctricas e magnéticas, aínda que co tempo o seu significado estendeuse substancialmente para describir variacións de temperatura, tensións mecánicas dun corpo, propagación de ondas... Por exemplo, pódese falar de campo gravitacional, que atribúe un potencial gravitacional a cada punto do espazo. As isotermas ou isóbaras mostradas diariamente nos partes meteorolóxicos son unha imaxe dun campo de temperaturas ou térmico e de presións, respectivamente, nun plano da superficie terrestre.
Os campos clasificanse por simetrías de espazo-tempo ou por simetrías internas.
A Teoría de Campos reférese usualmente á construción da dinámica dun campo, isto é, á especificación de como un campo muda co tempo. Usualmente, iso faise en se deseñando unha Lagranxiana ou unha Hamiltoniana (de William Rowan Hamilton) do campo, e tratándoo como na Mecánica clásica (ou na Mecánica cuántica) dun sistema cun infinito número de graos de liberdade.
Unha clasificación posible atendendo á forma matemática dos campos é:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.