Candeán, Vigo
parroquia civil do concello de Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Cristovo de Candeán é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Cabral, Lavadores, San Paio e Teis e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 12 entidades de poboación, 8 lugares e segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 4.664 habitantes (2.258 homes e 2.406 mulleres).
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Candeán | |
---|---|
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°14′10″N 8°43′36″O |
Poboación | 4.664 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
As súas entidades de poboación son as seguintes: Candeán de Arriba (599), A Devesa (904), A Fonte Escura (1.254), Freiría (91), Goleta (59), Hermide (94), A Igrexa (436), Monte Pequeno (326), Parachán (369), A Rabadeira (485), O Salgueiro (65) e Vesada (17). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Candeán de Abaixo, A Costeira, A Fonte Barca, A Lagoa, A Madroa, Pedra Longa, A Poba e Xunco Mariño.