![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/Capitan%25C3%25ADa_general_de_Filipinas.svg/langgl-640px-Capitan%25C3%25ADa_general_de_Filipinas.svg.png&w=640&q=50)
Capitanía Xeneral de Filipinas
entidade territorial española nas Indias Orientais con capital en Manila / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Capitanía Xeneral de Filipinas tamén coñecida como Reino de Filipinas,[1] era unha entidade territorial española, adscrita como entidade autónoma do Vicerreinado de Nova España ata 1821, que foi establecida pola Monarquía Española nas chamadas Indias Orientais, zonas de Asia e Oceanía, con capital en Manila.
Capitanía General de las Filipinas (es) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado desaparecido | Imperio Español | ||||
Vicerreinado | Vicerreinado de Nova España ![]() | ||||
Capital | Cebú (cidade) (1565–1595) Manila (1595–1762) Bacolor (pt) ![]() Manila (1764–1898) Cidade de Iloilo (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua castelá Linguas filipinas Linguas micronesias ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 7 de maio de 1565 ![]() | ||||
Disolución | 12 de xuño de 1898 ![]() | ||||
Sucedido por | United States Military Government of the Philippine Islands (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía ![]() | ||||
Moeda | Real de oito ![]() | ||||
Incluía, ademais do arquipélago filipino, Palau, a illa de Guam, as Marianas do Norte e os Estados Federados da Micronesia. O vicerreinado de Nova España, que tiña a súa sede na Cidade de México, exercía sobre estes territorios poderes relacionados con asuntos económicos, xa que no resto o capitán xeneral trataba directamente con El Rey e o Consello de Indias.
A Capitanía xeneral durou ata o 12 de xuño de 1898, cando os filipinos ao mando do xeneral Emilio Aguinaldo declararon a súa efémera independencia. O 10 de decembro de 1898, polo Tratado de París, en virtude do cal rematou a guerra hispano-estadounidense, Filipinas e Guam foron cedidas aos Estados Unidos. As Marianas, Carolinas e Palau foron vendidas ao Imperio alemán polo Tratado xermano-español do 12 de febreiro de 1899.