From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Fernando Luís Maria Victor Miguel Rafael Gabriel Gonzaga Xavier Francisco de Assis José Simão de Saxonia-Coburgo-Gotha e Braganza, coñecido como Carlos I de Portugal, alcumado o Martirizado ou o Mártir, nado en Lisboa o 28 de setembro de 1863 e finado o 1 de febreiro de 1908, foi o penúltimo rei de Portugal.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Era fillo do rei Lois Filipe e da princesa María Pía de Savoia, filla de Vítor Manuel II, rei de Italia.
Carlos converteuse en rei o 10 de outubro de 1889. Home intelixente pero propenso á extravagancia, as políticas, despilfarros e amoríos extramaritais de Carlos selaron o destino da monarquía portuguesa. Os tratados coloniais co Reino Unido (un asinado en agosto de 1890, que definiu as súas fronteiras africanas ao longo do Zambeze e o Congo, e outros asinados o 14 de outubro de 1899 que confirmaban os tratados coloniais do século XVII) estabilizaron a situación en África. En política interior, Portugal foi declarado en bancarrota dúas veces -o 14 de xuño de 1892, e novamente o 10 de maio de 1902 - causando disturbios industriais, antagonismo con socialistas e republicanos, e a crítica da prensa á monarquía. Carlos respondeu ao nomear a João Franco como primeiro ministro e subsecuentemente aceptando a disolución do Parlamento.
O 1 de febreiro de 1908, a familia real regresaba do palacio de Vila Viçosa a Lisboa. Viaxaban en coche cara a Almada, e logo tomaron un barco para cruzar o río Texo, e desembarcaron en Cais do Sodré, no centro de Lisboa. No seu camiño cara ao palacio real, a carruaxe con Carlos I e a súa familia pasou por Terreiro do Paço. Namentres cruzaban a praza, foron disparados varios tiros desde a multitude por polo menos dous homes: Alfredo Costa e Manuel Buiça. O rei morreu inmediatamente, o seu herdeiro Lois Filipe foi mortalmente ferido, e o príncipe Manuel foi alcanzado nun brazo. Os asasinos foron executados a tiros no lugar polos escoltas e posteriormente recoñecidos como membros do Partido Republicano. Aproximadamente vinte minutos despois, o príncipe Lois Filipe morreu, e días máis tarde, Manuel II foi proclamado rei de Portugal, o último da dinastía dos Braganza-Saxonia-Coburgo-Gotha (Braganza-Wettin).
Carlos casou coa princesa Amélie de Orleáns en 1886. Ela era filla de Philippe, Conde de París e de Marie Isabelle de Orleáns. Os seus fillos foron:
Coa nobre Maria Amélia Laredó e Murça:
Predecesor: Lois I |
Rei de Portugal 1889 - 1908 |
Sucesor: Manuel II |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.