Carlota Castrejana
From Wikipedia, the free encyclopedia
María Carlota Castrejana Fernández, nada en Logroño (A Rioxa) o 25 de abril de 1973, é unha exbaloncestista e exatleta española. Conseguiu os seus maiores logros na modalidade de triplo salto, pero que tamén o fixo nas disciplinas de salto de altura e salto de lonxitude. Antes de dedicarse ao atletismo foi xogadora profesional de baloncesto.
Nome orixinal | María Carlota Castrejana Fernández |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de abril de 1973 (51 anos) Logroño, A Rioxa |
Datos persoais | |
Residencia | Madrid |
País de nacionalidade | España |
Altura | 1,88 m |
Peso | 70 kg |
Actividade | |
Ocupación | baloncestista , política , atleta , xurista |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | Atletismo (Triplo salto, salto de altura, salto de lonxitude) Baloncesto
|
Disciplina deportiva | Salto de lonxitude |
Participou en | |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
1991 | Jogos do Mediterrâneo de 1991 (pt) |
1991 | Universíada de Verão de 1991 (pt) |
É a única persoa española que participou en dúas modalidades diferentes nos Xogos Olímpicos: Castrejana disputou os Xogos Olímpicos de 1992 de Barcelona como xogadora de baloncesto e, posteriormente, participou nos de Atenas, Sidney e Pequín como atleta na modalidade de triplo salto, disciplina na que tamén foi campioa de Europa en pista cuberta no 2007 e recordwoman nacional desde o ano 2000 até o de 2019, cando foi relevada pola galega Ana Peleteiro.[1][2]
Na actualidade traballa no equipo directivo da Real Federación Española de Atletismo (da que foi vicepresidenta). Anteriormente foi Directora Xeral de Deportes da Comunidade de Madrid,[3] e traballou como avogada no bufete Gómez-Acebo & Pombo.