Casa da Moeda de Birmingham
ceca privada inglesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa da Moeda de Birmingham (en inglés: Birmingham Mint, tamén coñecida como Heaton's Mint ou Ralph Heaton & Sons), foi unha ceca situada na cidade inglesa de Birmingham, establecida por Ralph Heaton II en 1850 como unha compañía privada colaboradora coa Royal Mint, de Londres.[1][2][3][4][5]
Datos rápidos Casa da Moeda de Birmingham –Bimingham Mint–, Tipo ...
Casa da Moeda de Birmingham –Bimingham Mint– | |
---|---|
Edificio da Casa da Moeda de Birmingham en Icknield Street | |
Tipo | Compañía privada. |
Fundación | 1850. Extinción: 2003. |
Localización | Birmingham |
Fundador | Ralph Heaton II |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Moedas. |
Notas | |
Marca de ceca: H. | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A factoría estaba situada en Icknield Street, no bordo do Jewellery Quarter ("Barrio da Xoiaría") e dotouse das presas e os equipamentos adquiridos a Matthew Boulton, logo do desmantelamento da Casa da Moeda de Soho.[1][5][6][7]