Catedral de Notre-Dame de París
catedral da arquidiocese católica de París / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Notre-Dame de París, coñecida como Notre-Dame, é a catedral da arquidiocese católica de París. Notre-Dame de París non é a meirande das catedrais francesas, mais é, sen dúbida unha das máis importantes da arquitectura dese país. Esta obra mestra, un dos símbolos da capital francesa, sitúase no extremo leste da Île de la Cité (Illa da Cidade), centro histórico da capital, á beira do Sena. A súa fachada occidental domina a praza de Notre-Dame, rebautizada Praza de Xoán Paulo II. Unha placa de bronce incrustada no chan serve de punto cero a tódalas distancias das estradas que saen de París.
- Este artigo trata sobre a sé parisiense, para a novela véxase: Notre-Dame de París.
Catedral de Notre-Dame de París | |
---|---|
Entrada principal na fachada a occidente | |
Datos xerais | |
País | Francia |
Rexión | Illa de Francia |
Tipo | Catedral |
Advocación | Nosa Señora de París, Benaventurada Virxe María (patroa) |
Localización | Île de la Cité, París Francia |
Coordenadas | 48°51′11″N 2°20′59″L |
Catalogación | Patrimonio da Humanidade (1991) |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Diocese | Arquidiocese de París |
Arquitectura | |
Construción | 1163 - 1345 |
Estilo | gótico |
Páxina web | www.notredamedeparis.fr |
4e arrondissement de Paris/France/Ile-de-France/Paris | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É unha das máis antigas catedrais francesas de estilo gótico. A súa construción iniciouse no ano 1163,[1] e está dedicada a María, nai de Xesús Cristo (de aí o nome de Notre-Dame – Nosa Señora).
Durante traballos de mantemento e restauración, a catedral incendiouse o 15 de abril de 2019, sufrindo danos significativos que provocaron a destrución de dous terzos do tellado e o chapitel.[2] Ámbalas torres estaban seguras, malia a dúbida inicial de que a torre norte non se puidese salvar. Debido á renovación en curso, as estatuas de cobre que normalmente estaban no chapitel derrubado foran retiradas do edificio unha semana antes. Un dos bombeiros sufriu feridas graves durante o incendio. A Île de la Cité foi completamente evacuada por medo a que o lume se espallase máis. Moitos artefactos foron salvados antes de que o lume se estendese a outras partes da catedral. O presidente francés Emmanuel Macron anunciou que a catedral de Notre-Dame sería reconstruída, declarando "É parte do destino, o destino de Francia e do noso proxecto común nos próximos anos. E estou comprometido con iso."[3][4]