Catástrofe natural
From Wikipedia, the free encyclopedia
Fenómenos naturais, como a chuvia e o vento, convértense en catástrofe natural ou desastres naturais cando superan un límite de normalidade (threshold, en inglés), medido xeralmente a través dun parámetro, que varía dependendo do tipo de fenómeno (escala de Richter para movementos sísmicos, escala Saffir-Simpson para furacáns etc.).
Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes:
|
Os efectos dunha catástrofe natural poden amplificarse debido a unha mala planificación dos asentamentos humanos, falta de medidas de seguridade, plans de emerxencia, sistemas de alerta, precariedade social e económica... Un exemplo clásico son os terremotos, que derruban edificios e casas, deixando atrapadas a persoas entre os cascallos, rompendo tubaxes de gas que poden incendiarse e queimar aos feridos baixo o monte de cascallos.
A actividade humana en áreas con alta probabilidade de catástrofes naturais está cualificada como de alto risco. Zonas de alto risco sen instrumentación nin medidas axeitadas para responder á catástrofe natural ou reducir os seus efectos negativos cualifícanse como de zonas de alta vulnerabilidade).
Os principais institutos que abordan esta disciplina son o International Institute for Applied Systems Analysis (IIASA) de Austria, o ProVention Consortium, o Earth Institute da Universidade de Columbia, o Centro Nacional de Prevención de Desastres (CENAPRED Arquivado 16 de setembro de 2007 en Wayback Machine.) en México, e a Universidade de Kobe no Xapón, así como a ONU e o OCHA (Cooperación para Axuda Humanitaria), o ISDR (Estratexia Internacional para a Redución de Desastres), así como oficinas especiais no Banco Mundial, a CEPAL e o BID.