Confederación Suramericana de Fútbol
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Confederación Suramericana de Fútbol, en portugués Confederação Sul-Americana de Futebol, ou coñecida tamén cos acrónimos CONMEBOL ou CSF, é a confederación de asociacións nacionais de fútbol de América do Sur e unha das seis de carácter continental que compoñen a FIFA.
Confederación Suramericana de Fútbol | |
---|---|
Acrónimo | CONMEBOL, 南美足联, 南美足協, ԿՈՆՄԵԲՈԼ, कोनमेबोल, კონმებოლი, ΚΟΝΜΕΜΠΟΛ, КОНМЕБОЛ, КОНМЕБОЛ, КОНМЕБОЛ, КОНМЕБОЛ, КАНМЕБОЛ, كونميبول, كونميبول, کونمیبول, کونمبول, КОНМЕБОЛ, 南美足協 e কনমেবল |
Tipo | federación deportiva internacional e organización sen ánimo de lucro |
Deporte | fútbol |
Área de operación | América do Sur |
Data de fundación | 9 de xullo de 1916 |
Presidente/a | Alejandro Domínguez (pt) (2016-) |
Nº de membros | 10 (2019) |
Organización matriz | FIFA |
Organización subsidiaria | Asociación do Fútbol Arxentino, Federación Boliviana de Fútbol, Confederación Brasileira de Fútbol, Federación de Fútbol de Chile, Federación Colombiana de Fútbol, Federación Ecuatoriana de Fútbol, Federación Peruana de Fútbol, Asociación Paraguaia de Fútbol, Federación Venezolana de Fútbol e Asociación Uruguaia de Fútbol |
Sede | Luque |
País | Paraguai |
Na rede | |
https://www.conmebol.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A CONMEBOL foi fundada en 1916 por iniciativa do uruguaio Héctor Rivadavia Gómez e composta nun primeiro momento polas asociacións nacionais da Arxentina, Chile, o Uruguai e o Brasil. Posteriormente fóronse unindo as restantes federacións até sumar as dez actuais, que fan desta confederación a máis pequena da FIFA por número de integrantes. Paraguai uniuse en 1921, Perú en 1925, Bolivia en 1926, Ecuador en 1927, Colombia en 1936 e por último Venezuela en 1952. Ademais, aínda que a Güiana, o Suriname e a Güiana francesa pertenzan ao continente suramericano, debido a razóns históricas, culturais e deportivas decidiron unirse á CONCACAF.
Xunto coa UEFA, a CONMEBOL é unha das confederacións dominantes na FIFA, tendo gañado nove dos dezaoito Mundiais de Fútbol da FIFA, a pesar de só ter organizado catro. Así mesmo é a única Confederación que foi quen de gañar un Mundial fóra do seu propio continente (de feito, fíxoo en todos os continentes nos que se leva disputado). Dentro da CONMEBOL destacan dúas seleccións por enriba das demais, son o Brasil, que é a selección que conta cun maior número de títulos mundiais, e a Arxentina. Estas dúas seleccións, ademais de acaparar títulos mundiais (cinco e dous respectivamente) e continentais (oito e catorce respectivamente), permanecen ano tras ano nos postos de cabeza da clasificacións elaboradas pola FIFA e os seus clubs acaparan éxitos a nivel continental e global. Outra selección que tamén ten destacado é a do Uruguai, sobre todo nos seus inicios con dous títulos e dous cuartos postos en mundiais, e catorce títulos da Copa América. A nivel de clubs a Confederación tamén obtivo éxitos importantes acadando un total de vinte e dúas Copas Intercontinentais.
A Confederación organiza diferentes torneos entre os que destacan a nivel de clubs a Copa Libertadores (análoga á Copa de Europa da UEFA) e a Copa Suramericana (semellante á [Copa da UEFA]), ademais da Copa América a nivel de seleccións nacionais.