European Rugby Champions Cup
torneo anual de rugby union / From Wikipedia, the free encyclopedia
The European Rugby Champions Cup, coñecida por motivos de patrocinio como Heineken Champions Cup, é unha competición anual de rugby organizada pola European Professional Club Rugby (EPCR). A Champions Cup é a principal competición europea entre clubs, sendo todos os equipos de países cuxas seleccións nacionais participan no Seis Nacións. Os equipos poden obter a súa participación no torneo en función da súa clasificación na Premiership inglesa, o Top 14 francés ou o Pro14; ou tras gañar o Challenge Cup. Nesta última competición participan os equipos que non conseguiron a súa clasificación á Champions Cup.[1]
Heineken Champions Cup | |
---|---|
Fundación | 1995 (Heineken Cup) 2014 (Champions Cup) |
País | Escocia Francia Gales Inglaterra Irlanda Italia |
Presidente | Simon Halliday |
Equipos | 20 |
Actual campión | Saracens (3º título) |
Equipo máis laureado | Leinster Toulouse (4 títulos) |
Organizador | European Professional Club Rugby (EPCR) |
Sitio web | epcrugby.com |
Entre 1995 e 2014 a competición era coñecida como Heineken Cup e estaba organizada pola European Rugby Cup. Após unha disputa entre os membros da asociación sobre a estrutura e dirección da mesma, a organización mudou de nome a European Professional Club Rugby, perdendo a competición o nome do patrocinio até a temporada 2018−19 co regreso de Heineken. Os equipos máis laureados da competición son o Leinster e o Toulouse con catro títulos cada un.