artista española From Wikipedia, the free encyclopedia
Cristina Iglesias Fernández Berridi,[1] nada en Donostia o 8 de novembro de 1956, é unha escultora e gravadora vasca. A súa obra atópase en museos e espazos públicos de varios países.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1956 (67 anos) Donostia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Instituto Pratt (1988–) Chelsea College of Art and Design (en) (1980–) Universidade do País Vasco (1976–1978) |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes visuais, Instalación e escultura |
Ocupación | escultora , mestra , artista de instalacións |
Lingua | Lingua castelá |
Representante | Konrad Fischer Galerie (en) e Marian Goodman Gallery (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Juan Muñoz |
Irmáns | Alberto Iglesias |
Premios
| |
Páxina web | cristinaiglesias.com |
Cristina Iglesias naceu nunha familia de artistas. Comezou a estudar Ciencias Químicas, carreira que abandonou para ir a Barcelona onde durante un tempo dedicouse ao debuxo e a cerámica.[4] Logo, formouse en Escultura na Chelsea School of Art de Londres.[2][5] Alí coñeceu o home que máis tarde sería o seu marido, Juan Muñoz, e a outros artistas como Anish Kapoor.[5]
A súa estancia na capital británica —e tamén o paso por Italia— marcou o seu futuro como artista.[5] Cando rematou no Reino Unido, puido acceder a unha bolsa Fulbright para estudar na Escola de Belas Artes do prestixioso Instituto Pratt de Nova York (1988).
Na década de 1980 realizou as súas dúas primeiras exposicións individuais en Portugal e representou a España por primeira vez na Bienal de Venecia (1986).[5] Esta presenza internacional permitiulle comezar a ser recoñecida. Na década de 1990, pasou con éxito por Suíza, participou na Exposición Universal de Sevilla en 1992, na Bienal de Sidney, visitou por segunda vez a Bienal de Venecia e expuxo obras no Reino Unido e nos Estados Unidos, sendo galardoada en 1999 co Premio Nacional de Artes Plásticas en España, polos "novos camiños" abertos.[1] Durante eses anos, tamén foi profesora de escultura na Academia de Belas Artes de Múnic.[6]
A primeira obra pública en España[5] foi a porta de entrada do novo edificio na remodelación do Museo do Prado (2007), encargo realizado por Rafael Moneo. O Portal-pasaxe está formado por seis grandes placas móbiles con forma de vexetais fosilizados en bronce.[5]
En 2018, con motivo do 40 aniversario da Constitución Española, a súa escultura Sen título, 1988 foi seleccionada entre as obras do Museo Centro de Arte Raíña Sofía para ser representada na exposición O poder da arte. Dita exposición estivo situada nos edificios do Congreso dos Deputados e do Senado.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.