Dólar de prata do bicentenario do Capitolio dos Estados Unidos
moeda conmemorativa estadounidense de 1994 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O dólar de prata do bicentenario do Capitolio dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1994 e cuñada polas Casas da Moeda de San Francisco e de Denver.
Máis información Dólar de prata do bicentenario do Capitolio dos Estados Unidos ...
Dólar de prata do bicentenario do Capitolio dos Estados Unidos | |
---|---|
A/: Cúpula do Captitolio, coa súa estatua da Liberdade rodeada por 13 estrelas. Data.
Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / BICENTENNIAL OF UNITED STATES CAPITOL |
R/: Escudo dos EEUU adobiado cunha grilanda de loureiro, catro bandeiras e pólas de oliveira, cunha aguia na parte superior. Marcas de ceca e de gravador (JM).
Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / ONE DOLLAR |
|
Pechar
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 103-186, do 14 de decembro de 1993,[1] pola que se dispuxo a emisión dunha moeda en conmemoración Capitolio dos Estados Unidos, para render homenaxe á súa magnificencia arquitectónica.[2]