Deserto do Sáhara
é o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártica), localizado no Norte de África / From Wikipedia, the free encyclopedia
O deserto do Sáhara[1] (en árabe الصحراء الكبرى, aṣ-Ṣaḥrāʾ al-Kubrā, que significa o Gran Deserto) é o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártida), localizado no norte de África, cunha área total de 9 065 000 km2, sendo apenas un pouco menor que a de Europa (10 400 000 km2).
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O nome Sáhara é unha transliteración do árabe صحراء, (Sahhra) que á súa vez é a tradución da palabra tuareg teneriwe ('os desertos', de onde lle vén o nome ó deserto do Teneré). Viven preto de 2,5 millóns de persoas na área do Sáhara, distribuídas por Mauritania, Marrocos, Sáhara Occidental, Libia, Exipto, Malí, o Níxer, Alxeria, Tunisia, o Sudán e o Chad.
As fronteiras do Sáhara son: o océano Atlántico ao oeste, as montañas do Atlas e o mar Mediterráneo ao norte, o mar Vermello ao leste e o val do río Níxer ao sur.
O Sáhara divide o continente africano en dous: África Norte e Subsahariana. A fronteira sahariana ao sur é marcada por unha faixa semiárida de sabana chamada Sahel, e ao sur de Sahel encóntrase a rexión chamada o Sudán.
Os seres humanos viviron na extremidade do deserto durante case 500 000 anos. Durante a última Idade do xeo, o deserto do Sáhara foi (como o leste africano en xeral) máis húmido do que é agora. Fósiles de dinosauros foron encontrados alí. O Sáhara moderno, xeralmente, está exento de vexetación excepto no val do río Nilo, nuns poucos oasis e nalgunhas montañas dispersas.