Ducado de Florencia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ducado de Florencia (Ducato di Firenze, en italiano) foi un Estado, dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico, centrado na cidade de Florencia, no que é hoxe a moderna Toscana, Italia. Foi fundado en 1533, cando o papa Clemente VII (gobernante dos Estados Papais e de Florencia) nomeou o seu fillo natural Alexandre de Medici,[1] Duque de Florencia, transformando a anterior República de Florencia nunha monarquía hereditaria. Florencia xa estaba baixo o control informal dos Medici desde 1434.
- Véxase tamén: República de Florencia.
Ducato di Firenze (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Florencia | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | toscano (pt) | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1532 | ||||
Disolución | 1569 (Gregoriano) | ||||
Sucedido por | Gran Ducado de Toscana | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
Moeda | Florín florentino | ||||
O Ducado de Florencia tivo dous duques: Alexandre e Cosme I de Medici. Alexandre reinou como duque até o seu asasinato en 1537. Cosme, escollido polas autoridades florentinas para suceder ao seu primo arredado, estabeleceu unha poderosa mariña, e emprendeu a maior adquisición territorial para Florencia coa anexión da República de Siena despois da Batalla de Marciano en 1554.
En 1569 o ducado foi elevado a Gran Ducado de Toscana polo papa, o que permitiu o goberno dos Médicis e toda a Toscana até 1737, data na que a familia se extinguiu.[2]
- Véxase tamén: Gran Ducado de Toscana.