Esan Ozenki Records
From Wikipedia, the free encyclopedia
Esan Ozenki (en galego:«Dío alto» ou «Berra forte») foi unha discográfica de Euskadi que existiu entre 1991 e 2001, chegando a editar 200 traballos. Foi fundada polo grupo musical Negu Gorriak. Cando o grupo se disolveu definitivamente no 2001, desapareceu tamén Esan Ozenki. Despois dunha reorganización, converteuse en Metak.
Paralelo a Esan Ozenki apareceu o subselo Gora Herriak («Vivan os pobos»), co que editaron material de artistas de fóra de Euskal Herria (Inadaptats, de Cataluña; Antón Reixa, de Galicia; Hechos Contra el Decoro, de Madrid, Banda Bassotti, de Italia; Todos Tus Muertos, da Arxentina; Zebda, de Francia...).