From Wikipedia, the free encyclopedia
Estevo IV (V), nado en Roma e finado o 24 de xaneiro do 817, foi Papa da Igrexa católica do 816 ao 817.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 770 Roma (Estados Pontificios) |
Morte | 24 de xaneiro de 817 (46/47 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
97º Papa | |
26 de xuño de 816 – 24 de xaneiro de 817 ← León III – Pascual I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico |
Enaltecemento | |
Nado nunha familia aristocrática romana, era fillo dun nobre chamado Marinus. Tamén pertencían a esta liñaxe os Papas Serxio II e Hadrián II.[1]
O seu breve pontificado (de tan só sete meses de duración) iniciouse ordenando ao pobo romano que prestase xuramento de fidelidade ao rei dos francos, Lois I o Piadoso; enviou emisarios ao emperador para lle notificar a elección e para concertar unha reunión entre os dous, segundo a comodidade do emperador.[1] Coa invitación de Luís, Estevo saíu de Roma en agosto do 816, cruzando os Alpes acompañado de Bernardo de Italia, rei dos longobardos, quen tiña orde de o acompañar ata o emperador.[2] A principios de outubro, o Papa e o emperador reuníronse en Reims, onde Luís se prosternou tres veces ante Estevo.[3] Na misa do domingo 5 de outubro do 816, Estevo consagrou e unxiu emperador a Luís, colocándolle unha coroa que se afirmaba que pertencera a Constantino I o Grande.[4] Á vez tamén coroou á muller de Luís, Ermengarda de Hesbaye, tratándoa de Augusta[5] Este feito interprétase como un intento por parte do Papado de se establecer un papel na coroación dun emperador, cousa que Luís puxera en dúbida coa autocoroación do 813.[6]
Mentres estaba con Luís, o emperador deulle ao Papa Estevo unha serie de agasallos, incluíndo unhas terras (moi probabelmente en Vendeuvre-sur-Barse), para a Igrexa romana.[7] Tamén renovaron o pacto entre os Papas e os reis dos francos, confirmando os privilexios da igrexa de Roma e a existencia dos recentemente creados Estados Pontificios.[8]
Logo da coroación, e tras facer unha visita a Rávena, volveu a Roma, a finais de novembro do 816[9], onde morreu o 24 de xaneiro do 817.
Nalgún momento, Estevo foi canonizado como santo do igrexa católica.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.