arquitecto, político e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco de Asís Sesto Novás, nado en Vigo o 14 de outubro de 1943, é un arquitecto, político e escritor galego. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2011[1].
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco de Asís Sesto Novas 11 de outubro de 1943 (80 anos) Vigo, España |
Ministro Ministerio do Poder Popular para a Cultura | |
2005 – 2008 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , escritor , arquitecto |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Familia | |
Pai | Xosé Sesto |
Neto do pedagogo Juan Novás Guillán, e fillo do intelectual galeguista Xosé Sesto, emigrou coa familia a Venezuela con 18 anos, onde estudou arquitectura. Foi profesor da Cátedra de Deseño na Escola de Arquitectura da Universidade Central de Venezuela. Foi Director Xeral Sectorial de Ordenamento Urbano do Ministerio de Infraestrutura e Director Xeral Sectorial de Planificación, Presidente do Instituto do Patrimonio Cultural e Director do Fondo Nacional de Desenvolvemento Urbano. En 2003 foi nomeado Viceministro de Cultura e Presidente do Consello Nacional da Cultura. Foi Ministro de Cultura de Venezuela ata xuño de 2008 e volveu ser nomeado ministro en febreiro de 2010.
Moi vinculado á esquerda venezolana, mantivo estreitos lazos co nacionalismo galego, especialmente coa UPG, asumiu a representación deste partido en Venezuela cando Celso Emilio Ferreiro regresou a Galicia.[Cómpre referencia] Tamén tivo un papel salientábel na literatura galega con poemarios como: Da estrela e da fouce (1967), UPG poemas (1973), Por unha muller (1976), Porta Aberta (1976) e Arte Poética. Poema de Amor a Rosalía (1985).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.