Filipe II de España,[1][2][3][4][5][6][7] tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo,[8][9] nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e finado en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.[10]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Filipe II de España |
Nome orixinal | (es) Felipe II |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | 21 de maio de 1527 Palacio de Pimentel (en) |
---|
Morte | 13 de setembro de 1598 (71 anos) Mosteiro do Escorial |
---|
Causa da morte | cancro |
---|
Lugar de sepultura | Cripta Real do Mosteiro do Escorial |
---|
|
|
Monarca de Portugal Imperio Portugués |
---|
|
|
12 de setembro de 1580 – 13 de setembro de 1598 ← Antonio I de Portugal – Filipe III de España → |
Monarca da Coroa de Aragón Coroa de Aragón |
---|
16 de xaneiro de 1556 – 13 de setembro de 1598 ← Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico – Filipe III de España → |
Monarca de Castela e León Coroa de Castela |
---|
|
16 de xaneiro de 1556 – 13 de setembro de 1598 ← Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico – Filipe III de España → |
Rei de Sardeña |
---|
16 de xaneiro de 1556 – 13 de setembro de 1598 |
Grand Master of the Order of the Golden Fleece (en) |
---|
|
|
23 de outubro de 1555 – 13 de setembro de 1598 |
King of Ireland (Iure uxoris) (en) Reino de Irlanda |
---|
25 de xullo de 1554 – 17 de novembro de 1558 |
Rei da Inglaterra (Iure uxoris) (pt) Reino de Inglaterra |
---|
|
25 de xullo de 1554 – 17 de novembro de 1558 |
Rei de Nápoles Reino de Nápoles |
---|
|
Monarca Kingdom of Navarre (1512–1841) (en) |
---|
|
|
|
Monarca Dinastía filipina |
---|
|
Señor dos Países Baixos Países Baixos dos Habsburgo (pt) |
---|
|
|
Rei de Sicilia Reino de Sicilia |
---|
|
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | España Reino de Portugal |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | gobernante |
---|
Lingua | Lingua castelá |
---|
Outro |
---|
Título | Rei de Portugal (1578–) Rei de Castela (1556–) Conde de Borgoña (1556–) Señor de Biscaia (1556–) Señor de Molina (1556–) Rei de Sicilia (1556–) Rei de Aragón (1556–) Duque de Brabante (1555–1598) Señor dos Países Baixos (1555–) Monarca de Irlanda (1554–) Monarca de Inglaterra (1554–) Rei de Nápoles (1554–) Duque de Milán (1550–) Rei de Galicia Rei de Granada Rei de Xerusalén Rei de Sardeña Rei de León Rei das Españas Conde de Barcelona Rei de Navarra Rei das Indias Orientais e Occidentais e das Illas e Terra Firme do Mar Océano |
---|
Familia | Casa dos Austria e Casa dos Austria |
---|
Cónxuxe | Ana de Austria (1570–1580), morte do cónxuxe Isabel de Valois, Rainha de Espanha (1560–1568), morte do cónxuxe María I de Inglaterra (1554–1558), morte do cónxuxe Maria Manuela, Princesa de Portugal (1543–1545), morte do cónxuxe |
---|
Parella | Margaretha of Waldeck-Wildungen (en) |
---|
Fillos | Carlos de Austria (príncipe de Asturias) () Maria Manuela, Princesa de Portugal (pt) Infante Carlos Lorenzo of Spain (en) () Ana de Austria Diogo Félix, Príncipe das Astúrias (pt) () Ana de Austria Filipe III de España () Ana de Austria Fernando, Príncipe das Astúrias (pt) () Ana de Austria Isabel Clara Eugénia da Áustria (pt) () Isabel de Valois, Rainha de Espanha (pt) Catarina Micaela da Áustria (pt) () Isabel de Valois, Rainha de Espanha (pt) Infanta Maria of Spain (en) () Ana de Austria |
---|
Pais | Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico e Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico |
---|
Irmáns | María de Habsburgo, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico, Infante Fernando of Austria (en) , Xoana de Habsburgo, Isabel of Castile (en) , Margarida de Parma (pt) , Tadea of Austria (en) e Xoán de Austria |
---|
Parentes | Maria Manuela, Princesa de Portugal (pt) (female double cross-cousin (en) ) Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico (consogro (pt) , curmán entregue) María I de Inglaterra (second aunt (en) ) |
---|
Cronoloxía |
---|
|
16 de abril de 1581 (Gregoriano) | coroación (Tomar)
|
|
Premios |
|
|
|
|
|
|
Pechar
Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.
Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]
Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]
Durante o seu goberno, o Imperio Español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra unhas coas outras.