Armada Invencible
frota de guerra española / From Wikipedia, the free encyclopedia
La Grande y Felicísima Armada foi o nome que lle deu Filipe II á gran frota que armou en 1588 para invadir Inglaterra durante a Guerra anglo-española de 1585-1604 e máis coñecida comunmente polo nome que lle deron despectivamente os ingleses como Armada Invencible[1][2]. O envío por parte de Filipe II desta frota, coa intención de invadir e controlar a política exterior inglesa (principalmente no referente á piratería e a guerra de Flandres), supuxo o comezo das hostilidades dunha guerra na que finalmente España conseguiu que Inglaterra solicitase a paz e asinase un tratado favorable aos intereses da monarquía hispánica en Londres (1604).
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Armada Invencible | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra anglo-española de 1585-1604 | |||||||||
A batalla entre a Armada española e a frota inglesa. | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Inglaterra Provincias Unidas |
Imperio español Portugal | ||||||||
Líderes | |||||||||
Almirante Sir John Hawkins Vicealmirante Sir Francis Drake |
Alonso Pérez de Guzmán el Bueno y Zúñiga (VII duque de Medina-Sidonia) Alexandre Farnesio (duque de Parma) Juan Martínez de Recalde Miguel de Oquendo Martín de Bertendona | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
34 navíos de guerra 163 navíos mercantes 30 navíos das Provincias Unidas (non entraron en combate) 2.000 canóns 20.000 homes |
20 Galeóns 4 galeras 4 galeazas 25 urcas 35 naos 10 carabelas 11 zabras e pinazas 20 pataches 2431 canóns 30.000 homes | ||||||||
Baixas | |||||||||
6.000–8.000 mortos en combate 400 feridos |
60 barcos perdidos 15.000–20.000 mortos 800 feridos 397 prisioneiros |
No entanto, esta campaña naval considérase unha derrota española, tanto pola perda de navíos debida ás inclemencias meteorolóxicas, como pola épica loita entre os dous titáns que impediu o desembarco de 30.000 homes nas costas inglesas. Aínda así, despois do forte temporal fronte a Escocia e Irlanda, máis da metade dos navíos lograron chegar de volta ás costas españolas. Con todo isto, a supremacía española nos mares permanecería indiscutida ata a Batalla das Dunas (1639).[3] Ademais a súa posición como primeira frota do mundo afianzouse aínda máis cando os ingleses crearon a súa Armada Inglesa un ano despois desta operación, e fracasaron igualmente fronte ás costas de Galicia e Lisboa.
Debía mandala o almirante de Castela Don Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz, pero morreu pouco antes da partida da frota, sendo substituído a fume de carozo por Alonso Pérez de Guzmán (VII duque de Medina-Sidonia), Grande de España. Estaba composta por uns 127 barcos sendo 122 os que entraron no Canal da Mancha.[4]