Festival de Eurovisión 1956
From Wikipedia, the free encyclopedia
O I Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 24 de maio de 1956 no Teatro Kursaal de Lugano, Suíza. O presentador foi Lohengrin Filipello, e a ganadora foi a canción "Refrain" de Lys Assia, representante do país anfitrión.
Festival de Eurovisión 1956 | |
---|---|
Datas | |
Final | 24 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Teatro Kursaal, Lugano, Suíza |
Presentador(es) | Lohengrin Filipello |
Televisión anfitrioa | |
Acto(s) intermedio(s) | Les Joyeux Rossignols Les Trois Ménestrels |
Participantes | |
Participantes | 7 |
Países que debutan | Alemaña Bélxica Francia Luxemburgo Países Baixos Suíza Italia |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | Refrain, Lys Assia Suíza |
Festival de Eurovisión | |
◄1955 1957► |
O primeiro festival, dunha hora e corenta minutos de duración, foi principalmente un programa radiofónico, aínda que houbo cámaras no estudo para aqueles poucos cidadáns europeos que posuían un televisor. Esa é a razón que explica a pobre decoración do escenario.[1]
Recomendouse a cada un dos países participantes que levase a cabo unha preselección nacional para elixir o seu tema e presentaron dúas cancións, debido a que só participaron sete países: Alemaña Federal, Suíza, Francia, Luxemburgo, Italia, Países Baixos e Bélxica. Austria, Dinamarca e o Reino Unido foron descualificados da gran final inscribirse logo da data oficial.[1]
Neste primeiro festival, aínda que non existía regulamento respecto diso, as cancións non superaron os tres minutos e medio, e os cantantes estiveron acompañados por unha orquestra de 24 músicos, dirixida por Fernando Paggi. Non participou ningún grupo, aínda que Lys Assia foi acompañada polo quinteto Radiosa como coro nas súas dúas cancións, xa que nesta primeira edición non existía limitación no número de intérpretes en escena, algo que se introduciría ao ano seguinte.[1]
Todos os países participantes enviaron un xurado composto por dous membros, salvo o ducado de Luxemburgo que permitiu que o xurado suízo votase no seu lugar. Por iso, e tendo en conta que os xurados podían ata votar á canción do seu propio país, podería explicar a vitoria do tema helvético.[1]
Só se anunciou a canción ganadora, sen publicarse as puntuacións e posicións dos outros temas participantes, o que produciu que xurdisen moitos rumores, entre eles o que colocaba ao tema alemán de Walter Andreas Schwarz como segundo clasificado. A partir de entón entendeuse que facer a votación pública sería interesante para incrementar a audiencia, algo que se convertería rapidamente nun dos momentos máis míticos do certame ata o día de hoxe.[1]
Descoñécese se sobreviviu algún vídeo integro do festival. O único material fílmico que se conserva é o de Lys Assia cantando a canción gañadora Refrain ao final do festival, material que orixinalmente consérvase sen son e que para a súa edición no DVD do 50 aniversario do festival foi sincronizado coa versión do son en estudo da canción. A gravación da emisión radiofónica si que se conserva practicamente completa, aínda que faltan vinte minutos correspondentes ao intermedio, do que só se conserva un fragmento, mentres se decidían as votacións.[1]
A anécdota a protagonizou Lys Assia, cando ao saberse ganadora e ter que interpretar unha vez máis a súa canción ganadora, emocionouse na primeira estrofa e non puido continuar, co que a orquestra tivo que volver empezar, coas desculpas da cantante.[1]