From Wikipedia, the free encyclopedia
Florence Foster Jenkins, nada como Narcissa Florence Foster[lower-alpha 1] en Wilkes-Barre, Pensilvania o 19 de xullo de 1868 e finada en Nova York o 26 de novembro de 1944, foi unha socialite e soprano afeccionada estadounidense, que foi coñecida e ridiculizada polo seu vestiario rechamante e a súa pobre habilidade para cantar. Stephen Pile considerouna "a peor cantante de ópera do mundo... Ninguén, antes ou despois, tivo éxito en liberarse tan completamente dos grillóns da notación musical".[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xullo de 1868 Wilkes-Barre, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de novembro de 1944 (76 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Moravian University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | música , socialité , pianista , cantante de ópera , compositora de cancións |
Período de actividade | 1912 - |
Xénero artístico | Outsider music (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | RCA Victor |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Pai | Charles Dorrance Foster (en) |
Parentes | Kyle Lai-Fatt (pt) (bisneto) Kerry LaiFatt (pt) (bisneta) |
|
A causa da súa incompetencia técnica, converteuse nunha figura musical de culto durante as décadas de 1920 a 1940. Cole Porter, Gian Carlo Menotti, Lily Pons, Sir Thomas Beecham, e outras celebridades eran fans dela.[3][4] Dise que Enrico Caruso a "contemplou con afecto e respecto".[5]
O poeta William Meredith escribiu que un recital de Jenkins "nunca era exactamente unha experiencia estética, ou só ata o grao da experiencia estética que proporcionaba un antigo cristián entre os leóns; era sobre todo unha inmolación, e Madame Jenkins sempre era devorada ao final".[6][7]
As únicas gravacións profesionais de Jenkins consisten en nove seleccións en cinco discos de 78-rpm (Melotone Recording Studio, New York City, 1941–1944), producido pola propia Jenkins, financiado por ela[3] e vendido aos seus amigos por 2,50 dólares cada copia.[lower-alpha 2][8] As seleccións inclúen catro arias de coloratura de óperas de Mozart, Delibes, Johann Strauss II e Félicien David, e cinco cancións, dúas escritas para Jenkins polo seu acompañante musical, Cosmé McMoon. Sete das seleccións foron publicada por RCA Victor nun LP de 10 polgadas en 1954 e nun de 12 polgadas en 1962, The Glory (Modelo:Not a typo) of the Human Voice.[9]
Jenkins encargou a filmación das súas actuacións no evento anual do Verdi Club, o "Baile das Calandras Prateadas", que se celebraba cada outubro no Ritz Carlton Hotel.[10] Críase que todas estaban perdidas[11] ata que en 2009 se atoparon copias dende 1934 a 1939 e de 1941.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.